InicioVigo e contornaVigoAbel Caballero, sobre o alcalde de Oleiros: "Non teño nin idea de...

Abel Caballero, sobre o alcalde de Oleiros: “Non teño nin idea de quen é ese señor”

Gelo acusárao de "parecer un chimpacé" polo seu baile no Marisquiño.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, saíu este xoves ao paso tras as críticas recibidas por parte doutro rexedor galego, neste caso o da localidade coruñesa de Oleiros, ‘Gelo’ García Seoane (Alternativa dos Veciños): “Non teño nin idea de quen é ese señor”.

Todo iso despois de que García Seoane tachase de “ridículo” o baile de Caballero no festival do Marisquiño de Vigo. Nunha entrevista na delegación local da Cadea Cope, o alcalde de Oleiros asegurou que “parecía un chimpancé”. Preguntado sobre estas declaracións en rolda de prensa, Abel Caballero limitouse a dicir que “non ten nin idea de quen é ese señor”.

A pesar de que o xornalista insistiu na súa cuestión, indicando que como presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) si debería coñecer a García Seoane, Abel Caballero só dixo “xa lle contestei”, sen engadir nada máis.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...