InicioSociedadeVigo pide reducir o consumo de auga: "Podemos estar moi mal no...

Vigo pide reducir o consumo de auga: “Podemos estar moi mal no outono”

A pesar das choivas rexistradas este pasado fin de semana, a situación dos encoros que abastecen a cidade non cambiou.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, pediu á poboación da cidade e da súa área metropolitana que reduzan o consumo de auga, polo que desde o Concello se puxeron en marcha unha serie de medidas destinadas a este fin: “Non estamos mal, pero podemos estar moi mal no outono”.

Na súa rolda de prensa diaria, o rexedor olívico indicou que a pesar das choivas rexistradas este pasado fin de semana, a situación dos encoros que abastecen a cidade non cambiou.

Segundo as súas cifras, Eiras atópase “máis ou menos na medida dos últimos 10 anos”, cun 82% da súa capacidade, “mellor que o ano pasado pero un pouco por baixo de hai dous anos”. A pesar diso, insistiu na importancia de prepararse para un outono seco, como auguran algunhas previsións.

Por iso, pediu á cidadanía que reduza o consumo de auga e indicou que enviará unha carta ás principais industrial da urbe co mesmo fin. Ademais, anunciou unha serie de medidas que o Concello levará a cabo, como a redución do tempo e a presión da auga das duchas das praias ou dos sistemas de rega dos xardíns municipais.

Caballero volveu cargar contra a Xunta de Galicia, á que criticou por “non facer nada” nin traer “ningunha solución” para a seca. Aínda que o abastecemento de auga é unha competencia municipal, o alcalde de Vigo insistiu en pedir ao Goberno autonómico accións que permitan embalsar máis auga en Eiras.

ÚLTIMAS

UGT denuncia unha “grave escaseza de persoal” na residencia Alvi Beade de Vigo

UGT Sanidade denunciou publicamente este martes a situación "especialmente preocupante" que atravesa a residencia...

Un ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

Segundo informou o 112, varias persoas chamaron ao servizo para alertar de que o...

Abel Caballero despide o 2025 coa mirada posta no Vigo Vertical e no novo Plan Xeral

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo balance do que cualificou como "o mellor...

Rueda sitúa a Delta Vigo como punta de lanza da innovación galega no sector aeroespacial e da defensa

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor este martes o papel de...