InicioSociedadeRenfe reforza con 1.100 prazas extra os seus servizos entre A Coruña...

Renfe reforza con 1.100 prazas extra os seus servizos entre A Coruña e Vigo para O Marisquiño

PUBLICADO O

- Advertisement -

A empresa ferroviaria Renfe reforzará este venres e sábado, 12 e 13 de agosto, os seus servizos entre A Coruña e Vigo con motivo da celebración do Marisquiño, para o que se contará con máis de 1.100 prazas extra para os viaxeiros que se despracen á festividade na cidade olívica.

Nun comunicado, o Ministerio de Transporte confirmou que os viaxeiros poderán gozar dun 10% de desconto sobre o mellor prezo no momento de compra. Para solicitar a rebaixa no prezo, os pasaxeiros deberán solicitar o código desconto no correo info@omarisquiño.com.

Esta non é a primeira ocasión que Renfe facilita transporte para acudir a eventos deste tipo. Durante este verán a empresa ferroviaria ampliou os seus servizos para O Son do Camiño, o Atlantic Fest ou o Festival Internacional do mundo Celta de Ortigueira.

Por último, Renfe aconsella anticipar a compra polas canles de venda habituais —renfe.com, despachos de billetes, máquinas autoventa, a app RenfeTicket ou o teléfono 912 320 320– para evitar aglomeracións e garantir a praza aos viaxeiros.aglomeracións e garantir a praza aos viaxeiros.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...