InicioEconomíaPorto de Vigo investirá máis de 180.000 euros en melloras do porto...

Porto de Vigo investirá máis de 180.000 euros en melloras do porto pesqueiro

Esas intervencións están relacionadas coa mellora das condicións de traballo e a calidade e o control da rastrexabilidade dos produtos da pesca.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Porto de Vigo destinará máis de 180.000 euros (máis IVE) a varias intervencións no porto pesqueiro relacionadas coa mellora das condicións de traballo e a calidade e o control da rastrexabilidade dos produtos da pesca.

Así o sinalou o presidente da Autoridade Portuaria, Jesús Vázquez Almuiña, aos usuarios do Berbés, explicando que a Consellería do Mar da Xunta de Galicia concedeu unha axuda cofinanciada polo Fondo Marítimo e de Pesca (FEMP) da Unión Europea a dous proxectos promovidos polo Porto olívico.

A primeira das actuacións, segundo recolle o Porto nun comunicado, pretende executar unha liña de 36 metros de pantaláns de francobordo adecuados á frota e de 4 metros de ancho, mellorando os espazos actuais para a descarga. O proxecto conta cun orzamento de 105.000 euros, do que o 75% estará subvencionado pola FEMP e o 25% restante polo Goberno galego. As obras deben de estar acabadas en decembro.

A segunda iniciativa dotará ás instalacións de poxa de medios técnicos que permitan realizar a rastrexabilidade e o rexistro en tempo real, tanto das descargas dos barcos artesanais, como da poxa das especies estacionais e marisqueo. Estas melloras están orzadas en 77.180 euros, financiado pola FEMP (75%) e a Xunta (25%), e tamén deberán estar finalizadas antes de que termine o ano.

Noutra orde de cousas, o Porto de Vigo anunciou que os seus traballadores lograron catro medallas de ouro nas Olimpíadas de Policías e Bombeiros de Róterdan (Países Baixos), nas que participaron dous policías portuarios: Tania Valverde e Carlos Adán na modalidade de atletismo.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...