InicioCulturaTanxugueiras, Kase.O e La M.O.D.A encabezan o SonRrías Baixas 2022

Tanxugueiras, Kase.O e La M.O.D.A encabezan o SonRrías Baixas 2022

Celebrarase en Bueu do 4 ao 6 de agosto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O festival SonRrías Baixas, que se celebrará no municipio de Bueu, regresa ao seu gran formato tras a pandemia entre o 4 e o 6 de agosto. O cartel contará cunha vintena de nomes entre os que destacan Tanxugueiras, Kase.O e La M.O.D.A.

SonRías Baixas arrincará o 4 de agosto, xoves, cos concertos de Delaporte, Sofía Gabanna, JazzWoman, Maurino e Cool Meniñas. Entre as principais actuacións da primeira xornada estará o rapero Rels B, coñecido por temas como ‘Diles’ e ‘A mi’.

O día seguinte, 5 de xullo, contará coa lenda do rap español Kase.O, que regresa a Bueu –participou a pasada edición– no marco da xira do 10º aniversario do seu disco ‘Jazz Magnetism’. Xunto ao artista zaragozano actuarán o venres Rayden, Ciudad Jara, Buhos, Bala, Emlan, García MC e Nación Quilombo.

Para finalizar o festival, o 6 de xullo, sábado contará cos concertos de dous pratos fortes do evento, Tanxugueiras e o grupo La M.O.D.A. Xunto a eles, porán fin ao SonRrías Baixas os recitais de Arnau Griso, Sara Hebe, Eskorzo, Balkan Paradise Orchestra e Suu.

O espectáculo ten o apoio da Xunta, a través da marca FEST Galicia. SonRías Baixas, promovido pola produtora PlayPlan, é un dos 21 beneficiarios das axudas que destina a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades por valor de 350.000 euros para apoiar encontros musicais.

ENTRADAS Á VENDA

Os abonos para asistir ao festival xa se atopan á venda a través do portal web www.sonriasbaixas.info. Aí, pódese adquirir un abono a prezo reducido (50 euros) para presenciar os tres días do festival. Por outra banda, pódense comprar entradas para cada un dos días por 30 euros.

En caso da compra do abono xeral, este inclúe de forma gratuíta a zona de acampada. O acceso ao cámping realizarase pola rúa Pazos Fontela e os asistentes disporán de todos os servizos básicos para garantir a comodidade do público.

ÚLTIMAS

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o 4 de outubro o grupo tributo de The Beatles Abbey Road

O Teatro Afundación de Vigo acollerá o próximo 4 de outubro o grupo tributo...

O BNG de Vigo reclamará en pleno a dimisión de Rueda pola súa “neglixente” xestión nos incendios

O BNG de Vigo reclamará no próximo pleno municipal a dimisión do presidente da...

Detido en menos de 48 horas o presunto autor dun atraco en Vigo

A Policía Nacional detivo esta semana ao suposto autor dun atraco nun supermercado, onde...

Unha noite de violencia en Vigo: agresións nun bar e ataque a un axente con unhas chaves

Un home, de 42 anos de idade, foi detido na madrugada do pasado domingo...