InicioPolíticaSolicitan máis información ao Porto de Vigo, que xa foi amoestado no...

Solicitan máis información ao Porto de Vigo, que xa foi amoestado no pasado por falta de transparencia

PUBLICADO O

- Advertisement -

En Marea ven de solicitar á Autoridade Portuaria de Vigo toda a información relativa ao estado e ás tarefas de mantemento realizadas nos últimos anos na zona na que se produciu o afundimento do Marisquiño.

A formación ve necesario “establecer a causalidade dun accidente que deixou preto de 500 persoas feridas; e en relación ao cal é preciso actuar con luz e taquígrafos para delimitar con claridade as responsabilidades detrás do acontecido”.

En Marea entende que “non é de recibo que as partes implicadas continúen botando balóns fora e eludindo dar explicacións claras e concisas que permitan esclarecer este suceso. Así as cousas, o voceiro da formación ten remitido á Autoridade Portuaria da Cidade Olívica un escrito no que solicita acceso ao expediente completo relacionado co festival”.

Luís Villares considera imprescindible revisar os termos da autorización concedida á organización do Marisquiño; así como todos os informes e requisitos técnicos relacionados con aspectos como o aforamento, a seguridade e a protección esixidos para a concesión dese permiso.

Do mesmo xeito, En Marea pide que a Autoridade Portuaria aporte toda a información relacionada coas inspeccións e as tarefas de mantemento realizadas nos últimos anos na zona do paseo e do peirao afundida; así como o montante económico destinado a eses traballos de conservación.

A formación tamén solicita acceso ao documento íntegro (incluíndo planos) do Convenio “Abrir Vigo ao Mar” de 1992, así como a información referida á execución do mesmo desde a súa sinatura, con mencións específicas dos gastos de reparación, mantemento, inspección e control por parte dos organismos competentes desde o ano 1992 ata o ano 2018.

Entre os documentos reclamados por En Marea figura tamén o Plan de Autoprotección do Porto de Vigo vixente, así como os escritos, oficios de remisión e informes técnicos remitidos pola Autoridade Portuaria a outras administracións e entidades públicas en relación co réxime de titularidade, obrigas de mantemento e situación xeral do peirao e da zona do afundimento.

A opacidade da Autoridade Portuaria de Vigo conta con precedentes, pois o ente que preside Enrique López Veiga xa foi amoestado no pasado, por resolución do Consello de Transparencia de Bo Goberno, pola súa falta de transparencia ao negarse a subministrar información.

“Un proceder que non pode nin debe repetirse nun caso de gravidade coma o do Marisquiño, que produciu cuantiosos danos persoais e está a ocasionar numerosas denuncias dos afectados”, selan.

ÚLTIMAS

SPARC pecha o acordo cos seus principais investidores para establecer a planta de chips fotónicos en Valladares

SPARC Foundry asinou este luns o acordo cos seus principais investidores (Indra GRoup, Sociedade Española...

Comité e Stellantis inician a negociación para o pago da prima variable cun novo marco regulador

Os sindicatos e a dirección de Stellantis Vigo iniciaron as negociacións para buscar unha alternativa á...

Condenado a 2 anos de cárcere por agredir e ameazar á súa parella nun piso de Vigo, e a dous familiares que tentaron evitalo

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a penas que suman dous anos e...

Mikel Izal incorpórase ao cartel do Galicia Fest

A organización do Galicia Fest confirmou este luns a incorporación de Mikel Izal ao cartel do...