InicioCulturaO Sinsal, na illa de San Simón, remata este domingo con 2.400...

O Sinsal, na illa de San Simón, remata este domingo con 2.400 asistentes en tres días

O festival ofrecerá este luns un concerto sorpresa extra dunha banda europea no estaleiro vigués Cardama Shipyard.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unhas 2.400 persoas –800 ao día– asistiron durante este fin de semana ao secreto Festival Sinsal, na illa de San Simón, un evento no que o público non coñece o cartel ata que desembarca na propia illa o día dos concertos. Así, durante estes días pasaron pola illa da localidade pontevedresa de Redondela artistas como Músculo!, Quinquis, Sebastián Cortés, Fonkid, Ben LaMar Gai, Os Amantes ou Fixemberg.

O cartel secreto deste domingo escondía os nomes de Santi Araújo, Haepaary, Ensemble Liberdade, Lucas Estrela & Strobo, Eva Pico, Rocío Márquez & Bronquio, Mula, Steam Down, Paco Moreno, Víktor Floresy Ensemble Orquestra Clásica de Vigo.

Ademais, a programación musical compleméntase con actividades paralelas como visitas guiadas, encontros con artistas, talleres de reciclaxe en familia ou rutas en pedal surf. O festival pecharase este luns 25 de xullo cun concerto sorpresa extra no estaleiro vigués Cardama Shipyard dunha banda europea que non actuou este ano en San Simón.

Este último concerto secreto comezará a partir das 21,30 horas no recinto industrial situado nos terreos portuarios. Segundo detallou a organización, será “un sorprendente directo no que confluirán diversas tradicións coa electrónica”.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...