InicioEconomíaO Concello de Vigo destinará 600.000 euros a financiar bolsas de comedor

O Concello de Vigo destinará 600.000 euros a financiar bolsas de comedor

Caballero e a presidenta da Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos (Foanpas), Iria Salvande, asinaron este mércores un convenio de colaboración.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a presidenta da Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos (Foanpas), Iria Salvande, asinaron este mércores un convenio de colaboración para financiar as bolsas de comedor ao alumnado dos centros públicos da cidade, polo que o Concello destinará máis de 600.000 euros.

Tal como indicou o rexedor en rolda de prensa, esta cantidade será achegada a Foanpas para bolsas de comedor e para actividades extraescolares da cativada.

En concreto, máis de 460.000 euros destinaranse a bolsas comedor, pero tamén existe unha porcentaxe para gastos de persoal e outro para que poidan operar as aulas matinais e as actividades extraescolares, facilitando a conciliación laboral.

ÚLTIMAS

Vigo activa a prealerta por seca e restrinxe o uso da auga en baldeos, regos, fontes e duchas das praias

O Concello de Vigo activou a situación de prealerta por seca e adoptou medidas...

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...