InicioDeportesA Iacobus Maris achégase a Vigo

A Iacobus Maris achégase a Vigo

É a peregrinación marítima máis longa da historia do Xacobeo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Iacobus Maris partiu este martes da cidade portuguesa do Porto e xa navega rumbo a Vigo, onde chegará este venres, día 22 de xullo, ao peirao de Transatlánticos do Porto.

Tal como informaron os seus organizadores, por diante, a frota da Iacobus Maris ten máis de 100 millas ata recalar na cidade, onde a partir deste xoves xa se instalará un ‘village’ cheo de actividades.

Tras catro días na cidade lusa, a frota da ruta marítima xacobea puxo rumbo cara a Vigo, formada por Peregrina (española), a carabela Beira Cruz (portuguesa), as goletas Evangelina (galega), Atyla (española) e Etoile (francesa), o palibote con base en Torrevieja Pascual Flores e o VO70 E1.

Neste sentido, Etoile pertence á armada francesa e Peregrina á española, polo que no Porto fixeron intercambio de tripulantes. Así, catro membros do barco español convivirán nesta travesía do Porto a Vigo cos da goleta escola francesa e viceversa.

Antes de soltar amarras, o comandante do Etoile, Yann Marin, explicaba así esta alianza valorándoa positivamente. “Traballar xuntos é unha maneira de ver as diferenzas a nivel de formación en navegación. Vemos que temos as mesmas formas de traballar coas mesmas ferramentas, pero é moi complementario, e en nosas propias profesións, futuras operacións navais ou/e militares, é moi importante establecer e ter esta colaboración entre os nosos dous países e nosas dúas armadas”, subliñou.

A Iacobus Maris está organizada pola Fundación Traslatio co patrocinio de Xacobeo 21-22, tratándose da peregrinación marítima máis longa da historia do Xacobeo. Os veleiros partiron o pasado 26 de xullo de Xénova, facendo escala en Valencia, Sevilla e O Porto ata a súa chegada a Vigo este venres.

ÚLTIMAS

Zendal organiza no Porriño un encontro internacional sobre os desafíos da inmunización e a saúde global

A compañía biotecnolóxica Zendal organizará este venres, 24 de abril, nas súas instalacións do...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...