InicioDeportesA ponteareá Melania Rodríguez, ouro en dobre mini tramp nos Xogos Mundiais...

A ponteareá Melania Rodríguez, ouro en dobre mini tramp nos Xogos Mundiais de Birmingham

"Para nós e un orgullo contar con deportistas de tan alto nivel que levan o nome de Ponteareas por todo o mundo", salienta o Concello.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A xinmasta ponteareá Melania Rodríguez vén de conseguir a medalla de ouro na categoría de dobre mini tramp nos Xogos Mundiais de Birmingham 2022. A deportista, integrante do Club Ximnasia Burgas, subiu ao máis alto do podio do Legacy Arena tras superar na final á neozelandesa Bronwyn Dibb e á sueca Lina Sjoeberg.

O concelleiro de Deportes de Ponteareas, Miguel Bouzó, felicitou en nome de todo o Goberno local á ximnasta. A pesar do altísimo nivel do resto de participantes durante toda a competición, a ponteareá acadou uns grandes resultados que reflicten “o enorme traballo diario que hai detrás de todas e todos os deportistas de alto nivel, que se esforzan en cada adestramento e en cada competición para superar todos os límites”.

“Para nós e un orgullo contar con deportistas de tan alto nivel que levan o nome de Ponteareas por todo o mundo”, salienta o edil. Rodríguez acadou o ouro tras executar de forma moi limpa un salto con pirueta barani en prancha de entrada e mortal pirueta en prancha de saída, co que conseguiu os 26,600 puntos necesarios para facerse co máximo metal.

ÚLTIMAS

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...