InicioVigo e contornaVigoAdxudicado un novo tramo de 3,5 quilómetros no Paseo do Lagares polo...

Adxudicado un novo tramo de 3,5 quilómetros no Paseo do Lagares polo Concello de Vigo

O alcalde Abel Caballero, destacou o "valor ambiental e ecolóxico fundamental" do río Lagares, e cualificou como "gran actuación" esta obra, que ten un tempo de execución de 4 meses.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo deu luz verde á adxudicación, por case 630.000 euros, das obras para construír uns 3,5 quilómetros adicionais no Paseo do Lagares, no tramo entre Manuel Álvarez e a Avenida de Madrid.

Segundo informou o alcalde, Abel Caballero, en rolda de prensa, estes traballos permitirán pór en valor un novo tramo do río, polo que actualmente non se pode pasear. As obras permitirán mellorar a accesibilidade e inclúe a plantación de 140 árbores de gran porte, como carballos e fresnos, así como outras 640 árbores menores e arbustos.

O rexedor destacou o “valor ambiental e ecolóxico fundamental” do río Lagares, e cualificou como “gran actuación” esta obra, que ten un tempo de execución de 4 meses.

Por outra banda, Caballero referiuse ao anuncio feito nas últimas horas pola Xunta de Galicia, sobre a licitación da obra do novo Centro Integral de Saúde Olimpia Valencia (que se instalará nun dos actuais edificios dos xulgados da rúa Lalín).

Tras constatar que o goberno galego “equivocouse” e non foi “moi eficiente” nunha primeira licitación, que quedou deserta, criticou que o goberno galego “cala e oculta” que, dos case 15 millóns de investimento previsto, 9 millóns “págaos o Goberno de España con fondos Next Generation da UE”.

Do mesmo xeito, tamén censurou que a Xunta “oculta” a achega de fondos europeos noutras obras, como o carril bici da fronte portuaria ou a reforma no IES Santo Tomé. “Non dicilo pódelle significar unha sanción, e quérolle aforrar a Xunta e Porto que o Goberno de España os sancione”, ironizou.

ÚLTIMAS

O temporal provoca o atraque en Vigo dun gran portacontedores que sufriu un corremento de carga

O Porto de Vigo recibiu nas últimas horas ao buque portacontedores 'María Francisca', un...

Unllas pintadas en Balaídos contra o ataque de odio contra Borja Iglesias

A bancada celeste volveu dar unha lección de dignidade. Centos de seareiros e seareiras...

Un escape de gas obriga a acoaroar a Avenida da Florida durante máis de dúas horas

Un escape de gas debido á rotura dunha tubaxe obrigou a pechar máis de...

Luz Casal triunfa en Vigo e anuncia unha segunda data no Teatro Afundación

A artista galega Luz Casal ofrecerá un segundo concerto na cidade de Vigo tras...