InicioSociedadeAsinada unha declaración entre Porto de Vigo, Xunta e Goberno para impulsar...

Asinada unha declaración entre Porto de Vigo, Xunta e Goberno para impulsar a Rede de Portos Azuis da FAO

As catro institucións financiarán con 125.440 euros un programa de formación dirixido a países en vías de desenvolvemento para estender as boas prácticas en sustentabilidade ambiental e socioeconómica nos portos pesqueiros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Portos do Estado, a Autoridade Portuaria de Vigo, a Secretaría Xeral de Pesca e a Consellería do Mar asinaron este martes unha declación institucional para proclamar o seu compromiso co impulso dunha rede de portos ‘azuis’, con sede na cidade olívica, no marco dun modelo de economía para un futuro sustentable.

As catro institucións financiarán con 125.440 euros un programa de formación dirixido a países en vías de desenvolvemento para estender as boas prácticas en sustentabilidade ambiental e socioeconómica nos portos pesqueiros.

Na declaración institucional, os asinantes manifestan o seu desexo de cooperar para promover a ‘economía azul’ nos portos pesqueiros a nivel internacional, e destacan o papel dos portos pesqueiros como espazos de dinamización económica, social e ambiental, cunha alta capacidade de xeración de desenvolvemento sustentable nas áreas mariño-costeiras da súa influencia.

O paso dado este luns en Vigo está enmarcado na ‘Iniciativa de Portos Azuis’, promovida pola Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO), dirixida a estimular a implementación dun enfoque de economía azul nos procesos estratéxicos e operativos dos portos pesqueiros, o desenvolvemento de ferramentas para a implementación de boas prácticas, e a xeración de coñecemento en torno ao impacto dos portos na súa área de influencia.

A secretaria xeral de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Alicia Villauriz, destacou a “unidade de acción” entre os organismos e a súa implicación na rede de ‘portos azuis’. Así mesmo, valorou a elección de Vigo como sede, porque é unha terminal “referente” da actividade pesqueira na UE.

Segundo subliñou, a participación nesta iniciativa contribúe a trasladar unha “mensaxe positiva” sobre o sector pesqueiro, que “está a contribuír a facer as cousas de forma sustentable”. Ademais, no caso de Galicia, puxo en valor o papel dos portos pesqueiros, que axudar a “vertebrar” o territorio.

Pola súa banda, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, subliñou que a “unidade” das institucións en defensa da pesca sustentable tamén se acredita no propio sector, “que caeu na conta de que necesita camiñar unido para conseguir o seu obxectivo, que é unha explotación social, económica e ambiental responsable”.

Rosa Quintana lembrou que, cando a UE expuxo a súa aposta polo ‘crecemento azul’ “aínda non tiña claro o que pretendía” e “foi o porto de Vigo o que asumiu o reto e o primeiro da UE en desenvolvelo”, grazas ao traballo coordinado de máis de 300 persoas.

O presidente do Porto olívico, Jesús Vázquez Almuíña, agradeceu aos profesionais do sector o seu “esforzo” para adaptarse aos retos do ‘crecemento azul’, e valorou que todo o traballo levado a cabo tivo como “premio” a firma desta declaración institucional e a futura sede física da rede de portos azuis da FAO en Vigo.

CURSO DE FORMACIÓN

A firma desta declaración tivo lugar tras a inauguración dun curso de formación promovido pola FAO baixo o título ‘Sustentabilidade verde para converterse en porto azul’, no que participarán os próximos días expertos de Namibia, Mozambique, Cabo Verde, Marrocos, Kenia, Corea, Vietnam, Filipinas, Indonesia, Perú, Colombia, España, a Organización do Sector Pesqueiro e Acuícola do Istmo Centroamericano (OSPESCA) e a Comisión Centroamericana de Transporte Marítimo (COCATRAM) do Sistema de Integración Centroamericana (SICA).

O obxectivo do curso, que conta coa colaboración da Asociación Internacional de Portos (IAPH), o Banco Mundial e a Rede Mundial de Cidades Portuarias (AIVP), é fortalecer a Iniciativa de Portos Azuis, cuxa andaina se iniciou en 2019 e que pretende apontoar a estratexia dos portos pesqueiros no ámbito da sustentabilidade, logrando que os portos azuis promovan o crecemento social e económico e a preservación ambiental da súa contorna.

ÚLTIMAS

O temporal provoca o atraque en Vigo dun gran portacontedores que sufriu un corremento de carga

O Porto de Vigo recibiu nas últimas horas ao buque portacontedores 'María Francisca', un...

Unllas pintadas en Balaídos contra o ataque de odio contra Borja Iglesias

A bancada celeste volveu dar unha lección de dignidade. Centos de seareiros e seareiras...

Un escape de gas obriga a acoaroar a Avenida da Florida durante máis de dúas horas

Un escape de gas debido á rotura dunha tubaxe obrigou a pechar máis de...

Luz Casal triunfa en Vigo e anuncia unha segunda data no Teatro Afundación

A artista galega Luz Casal ofrecerá un segundo concerto na cidade de Vigo tras...