InicioSucesosDenunciado un condutor en Vigo que a emprendeu a bastonazos cun coche...

Denunciado un condutor en Vigo que a emprendeu a bastonazos cun coche por unha discusión de tráfico

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo cursaron denuncia administrativa contra un veciño da cidade, A.G.S., de 35 anos de idade, por alteración da orde pública e danos, tras emprendela a bastonazos cun coche durante unha discusión de tráfico.

Os feitos ocorreron na tarde do pasado sábado, cando unha dotación do 092 que estaba a facer un control na confluencia das rúas Venezuela e Gran Vía foi requirida por varias testemuñas para que acudisen ás proximidades, onde se estaba producindo unha discusión de tráfico.

Cando chegaron os policías observaron que o tráfico estaba detido en sentido descendente e que había un home no medio da calzada, cun bastón na man, e cunha actitude moi alterada. Este home explicou aos axentes que ía circulando por Gran Vía e que outro condutor fixera unha manobra que estivera a piques de expulsalo do carril. Poucos metros máis adiante parouse, saíu do coche e admitiu que, como estaba nervioso, collera un bastón e golpeara o coche do outro condutor implicado na disputa.

Este outro condutor tamén explicou a súa versión do ocorrido, e asegurou que fora A.G.S. o que se incorporou ao carril facendo unha manobra improcedente e que lle recriminou por iso. Segundo o seu relato, o home apeouse do coche e, esgrimindo un bastón, o ameazara de morte e golpeara o seu vehículo, causando danos no retrovisor esquerdo na porta dianteira esquerda.

Por estes feitos, os axentes propuxeron para sanción a A.G.S., por alteración grave da orde pública, e informaron ao outro condutor dos trámites que debe seguir para presentar a correspondente denuncia.

ÚLTIMAS

Concentración en homenaxe a Maricarmen e contra a “especulación” que “forzou a súa morte” en Vigo

A Alianza pola Vivenda de Vigo, plataforma integrada por varios colectivos sociais, convocou para...

A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación para a recuperación ambiental da praia de Ou Vao

A Xunta outorgou ao Concello de Vigo unha concesión para ocupar 20.978,11 metros cadrados...

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...