InicioPolíticaAbel Caballero arremete contra cargos do PP en Vigo: "Non teñen criterio,...

Abel Caballero arremete contra cargos do PP en Vigo: “Non teñen criterio, obedecen ordes”

O alcalde de Vigo critica que a Xunta non achegue fondos para o estadio de Balaídos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este xoves contra os concelleiros do PP e contra a delegada da Xunta na cidade, de quen afirmou que “non teñen peso político nin criterio” e se limitan a “defender” o goberno galego e obedecer as súas “ordes”.

Nunha rolda de prensa, o rexedor olívico criticou que o grupo municipal ‘popular’, no pleno ordinario celebrado este mércores, aceptou “con inmensa alegría” que a Xunta “non dedique nin un euro á reforma do estadio de Balaídos, que é a principal icona deportiva de Galicia”. “Son de Vigo ou de onde son? Supoño que se presentarán en eleccións por outros lugares”, ironizou Caballero.

O alcalde censurou que a Xunta si achega fondos para outros estadios galegos pero non o fai co de Vigo, e os cargos do PP “seguen defendéndoa, en contra da cidade”.

Sobre eses representantes populares, tanto concelleiros como a propia delegada territorial do goberno autonómico, Marta Fernández Tapias, Abel Caballero afirmou que son cargos “sen ningún peso político e sen criterio”. “Obedecen ordes, antes facían o que lles dicía Feijóo, e agora o que lles di Rueda”, sentenciou.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...