InicioSucesosDetido en Vigo un menor con haxix, cocaína e un coitelo que...

Detido en Vigo un menor con haxix, cocaína e un coitelo que tratou de fuxir da Policía

Trátase dun rapaz de 17 anos do Rosal.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un menor de 17 anos de idade, natural do Rosal, como presunto autor dun delito contra a saúde pública e un de atentado contra a autoridade, e que foi interceptado cando viaxaba de acompañante nunha moto e levaba encima haxix, cocaína e un coitelo.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na tarde deste mércores, cando unha dotación do 092 que facía labores de prevención na rúa Pizarro detectou unha motocicleta na que ían dous mozos, que adoptaron unha actitude sospeitosa. O acompañante trataba de ocultar algo á vista dos funcionarios.

A dotación deulles o alto e identificou tanto o condutor, H.B.H., de Vigo e de 19 anos de idade, como ao acompañante, que inicialmente achegou uns datos falsos pero que logo foi identificado como un menor do Rosal de 17 anos de idade.

Ante a súa conduta de nerviosismo, os axentes procederon a cachear ao menor e atopáronlle 210 gramos de haxix en catro paquetes, así como outro envoltorio con 6 gramos de cocaína. O mozo levaba encima 410 euros en varios billetes de 50, 20 e 10 euros, unha báscula de precisión e un coitelo de grandes dimensións.

Cando os policías estaban a facer reconto do material intervido, o mozo tratou de fuxir e propinou unha puñada a un dos axentes que tentaba impedirllo. Finalmente, os funcionarios conseguiron frustrar a súa fuxida e procederon á súa detención.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...