InicioSociedadeO hospital Álvaro Cunqueiro está de aniversario: sete anos con 229.600 ingresos...

O hospital Álvaro Cunqueiro está de aniversario: sete anos con 229.600 ingresos e 1,2 millóns de urxencias

A Xunta di que está a "vangarda dos mellores hospitais de España".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Este mércores, 29 de xuño, fai sete anos que o hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo abría as súas portas para atender ao seu primeiro paciente. Desde entón, o centro hospitalario rexistrou máis de 229.600 ingresos, 83.400 cirurxías e 1,2 millóns de urxencias.

Entre outras cifras, tal como recolle o Servizo Galego de Saúde (Sergas) nun comunicado, neste sete anos tamén se atenderon máis de 2,6 millóns de consultas externas e trouxéronse ao mundo 23.400 bebés.

“O que este hospital conseguiu nestes sete anos de funcionamento é algo moi inusual, superando todas as expectativas ao situarse á vangarda dos principais hospitais de España, onde xa se converteu nun referente nacional”, reivindicou o xerente da área Sanitaria de Vigo, Javier Ponte.

Segundo el, isto é froito da súa gran capacidade e, sobre todo, “do excelente traballo e compromiso dos profesionais”. “Agora que o Álvaro Cunqueiro xa está consolidado, toca seguir avanzando, sendo o momento de afrontar novas actuacións para reforzar a súa funcionalidade”, engadiu Ponte.

ÚLTIMAS

Caballero: “A sanidade de Vigo vive a situación máis calamitosa da historia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu denunciar este martes a "situación calamitosa" da...

O BNG de Vigo denuncia unha “crise de emprego” na cidade e lamenta a ausencia de políticas do goberno local

O BNG de Vigo alertou este martes sobre a "preocupante e insostíbel" realidade do...

A Deputación de Ourense destina 150.000 euros ao proxecto piloto da UVigo vinculado á creación dun ‘hub termal’

A Deputación de Ourense aprobou na xunta de goberno a concesión dunha subvención de...

Ecoloxistas e veciños de Matamá denuncian afeccións á saúde por contaminación das naves de pintura de Stellantis

Representantes da Asociación Veciñal "A Unión" de Matamá, en Vigo, e de Ecoloxistas en...