InicioSucesosLocalizan na A-55 un sexaxenario desorientado que se perdeu en Vigo

Localizan na A-55 un sexaxenario desorientado que se perdeu en Vigo

Desaparecera horas antes cando se atopaba coa súa familia nun centro comercial da cidade olívica.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil auxiliou unha persoa que camiñaba desorientada pola beiravía da autovía A-55 no termo municipal de Vigo: un home de 68 anos de idade con demencia senil que desaparecera horas antes cando se atopaba coa súa familia nun centro comercial da cidade olívica.

Por iso, despregouse un operativo de procura no que colaboraban efectivos da Policía Nacional e da Policía Local, que deu os seus froitos cando axentes de Tráfico da Garda Civil do Porriño localizaron deambulando pola beiravía ao señor.

Despois de tranquilizalo e poñelo fóra do alcance da circulación rodada para evitar un atropelo, pasouse aviso ás asistencias sanitarias e á familia, que se personou no lugar para facerse cargo do home, que resultou ileso, segundo informa a Benemérita nun comunicado.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...