InicioMedio Ambiente e PatrimonioEcoloxistas celebran o peche de Vigozoo: "Finaliza unha etapa de crueldade cara...

Ecoloxistas celebran o peche de Vigozoo: “Finaliza unha etapa de crueldade cara aos animais”

A organización Ecoloxistas en Acción está pendente de recabar información para coñecer o destino dos animais e os detalles do proxecto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vigozoo pecha as súas portas e pronto se converterá nun centro municipal de divulgación e educación ambiental. Non poucas voces esixían durante os últimos anos a clausura deste zoo pola “falta de seguridade e conservación”.

“Agora, por fin, podemos considerar finalizada unha etapa de crueldade de cara aos animais e de seguridade para as persoas visitantes a un espazo ilegal”, sentenza Ecoloxistas en Acción Vigo, que agradece que, “logo de anos de denuncias por incumprimentos reiterados”, o Concello de Vigo decida reconverter un espazo que “atentaba o benestar animal e a falta de ética”. 

O incumprimento da Directiva sobre parques zoolóxicos alertou, hai moitos anos, a distintas organizacións que traballaron para “evidenciar a necesidade de desmantelar o zoo” vigués. A Directiva esixe que se efectúen inspeccións por parte do órgano competente para asegurar cos animais viven en situacións axeitadas e que os parques zoolóxicos contribúen a obxectivos de educación e conservación.

No ano 2007 a Comisión Europea abriu un expediente ao Estado español porque once comunidades autónomas, entre as que se atopaba Galicia, incumprían reiteradamente o mandato da norma, lembran dende Ecoloxistas en Acción.

Por iso, un ano despois, “en vista do caso omiso que fixo o Estado”, Europa enviou un dictame motivado antes da imposición dunha multa por incumprimento legal. “Pese a esta situación, o concello vigués celebrou o 40º aniversario do zoo no ano 2011 con diversas irregularidades no expediente: cuestionamento da tenencia de licenza municipal de actividade, titularidade dos terreos onde se asenta que reclamaba a comunidade de montes de Teis, instalacións pechadas ao público por falta de autorización ou o incumprimento da normativa que avala o envío de información ambiental”, enumera a organización ecoloxista.

“Agora”, saúdan, “finaliza unha etapa de crueldade para os animais”. 

ÚLTIMAS

Papá Noel toma un ano máis as rúas de Vigo en moto

Miles de papanoeles en moto déronse cita, un ano máis, este sábado para percorrer...

OPINIÓN.- “A hemeroteca do Faro de Vigo: un patrimonio que debe ser accesible a todos”

A hemeroteca do Faro de Vigo é un tesouro cultural e histórico que contén...

Un vigués entre os 11 detidos por facer grafitis en trens de Cataluña

Unha operación conxunta entre Policía Nacional, Mossos d'Esquadra e Garda Urbana de Barcelona (GUB)...

Tres excarcerados tras o choque de dous vehículos na A-55 en Mos

Tres persoas tiveron que ser excarceradas nun aparatoso accidente entre dous coches ocorrido na...