InicioDeportesTui acolle a primeira proba do campionato estatal de motonáutica esta fin...

Tui acolle a primeira proba do campionato estatal de motonáutica esta fin de semana

Os pilotos participantes competirán nun circuíto de 1.500 metros cun total de 4 mangas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O río Miño, ao seu paso por Tui, acolle esta fin de semana primeira das tres probas do Campionato de España de Embarcacións T850 e GT60. Participarán pilotos galegos, entre eles o vigués Keko Pereira, cataláns, andaluces e o inglés Cristian Burguess. As outras dúas probas celebraranse en Tarragona e Jeréz de la Frontera.

A proba que se celebrará este sábado en Tui está organizada pola Real Federación Galega de Motonáutica, en colaboración co Concello de Tui e a Comandancia Naval do Miño. Constará de catro mangas, das que serán puntuables as tres mellores de cada piloto. O circuíto, fronte ás instalacións da Comandancia Naval, será rectangular cun percorrido de 1.500 metros, delimitado por boias.

A proba foi presentada este xoves na Comandancia Naval do Miño, por parte do alcalde, Enrique Cabaleiro; o comandante Naval do Miño, Pablo Redondo; a deputada Iria Lamas; o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez; o comisario xeral da proba e vicepresidente da Real Federación Galega de Motonáutica, Carlos Gago; o piloto Keko Pereira; e o presidente de honra do Club Náutico San Telmo, José Joaquín Rodríguez.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, destacou na presentación que “ningún lugar mellor ca este para esta proba deportiva”, e engadiu que se trata dun “territorio privilexiado pola relación que temos con Valença”, e nunha competición que atraerá afeccionados á motonáutica tanto galegos coma portugueses. Pola súa banda, o piloto vigués Keko Pereira, que competirá coa embarcación coa que o ano pasado se proclamou subcampión de España, explicou que o circuíto tudense é “moi rápido e especial pola corrente”. 

Mañá venres dende as 17 horas terán lugar as verificacións técnicas e administrativas, que continuarán o sábado a partir das 8.30. Entre ás 10.30 e ás 11.15 h terán lugar os adestramentos libres. As mangas disputaranse ás 12.30 h, 14.00 h, 16.30 h, e 18.00 h, e a entrega de premios está prevista para as 19.30 h.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- O gran showman de Vigo

Aos seus 77 anos en Vigo existe un showman ao cal, despois de varias...

OPINIÓN.- Non hai tempo para reformas mornas

Óscar Lomba Álvarez O mundo está a arder, e non é só a calor do...

Desaloxan a Cidade da Xustiza de Vigo tras saltar a alarma por unha persoa fumando nos baños

A Cidade da Xustiza de Vigo foi desaloxada tras saltar a alarma de incendios por unha...

Vigo “mostrou a súa forza” no concerto reivindicativo do AVE directo a Madrid, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballlero, asegurou este mércores que a cidade "mostrou a...