InicioSucesosOrdenan seguir a causa contra a coidadora do pitbull que atacou unha...

Ordenan seguir a causa contra a coidadora do pitbull que atacou unha anciá en Vigo

A instrutora ve indicios dun delito de lesións por imprudencia grave.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A titular do xulgado de instrución numero 1 de Vigo deu por concluída a investigación xudicial sobre o caso da nonaxenaria que sufriu lesións graves tras ser atacada por un can de raza pitbull, e ordenou continuar a tramitación do procedemento para o arquivo, se procede, ou apertura de xuízo oral contra a muller encargada de coidar do animal, como posible autora dun delito de lesións por imprudencia grave.

A xuíza instrutora sinala no seu auto que a investigada se facía cargo do can desde había 6 meses e que ela mesma recoñeceu que era un animal “con comportamentos agresivos e dificilmente controlable”.

A pesar diso, e ao feito de que días antes a Policía Local se personara no seu domicilio por queixas dos veciños relativas ao can, o día que ocorreron os feitos (29 de abril de 2021) abriu a porta para saír á rúa “sen adoptar medida de precaución ou de seguridade ningunha”.

A maxistrada tamén apunta que “non consta” que a investigada avisase a berros aos veciños para que non saísen das súas casas ao saír o can (que xa mordera anteriormente a outro veciño).

“LESIÓNS E SECUELAS DE IMPORTANTÍSIMA ENTIDADE”

A instrutora considera indiciariamente acreditado que o animal saíu da vivenda e baixou directamente cara ao portal do edificio. Alí, diante do ascensor, atopouse coa vítima, de 92 anos de idade, á que atacou e causou “lesións e secuelas de importantísima entidade”, principalmente na cara.

Así, ordenou continuar a tramitación das dilixencias e dar traslado ao fiscal e á acusación particular para que, no prazo de dez días, formulen escrito de acusación solicitando a apertura do xuízo oral ou o sobresemento da causa, sen prexuízo de que, excepcionalmente, poidan solicitar a práctica de dilixencias complementarias que consideren indispensables.

ÚLTIMAS

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...