InicioPolíticaO Concello de Vigo solicitará 9 millóns de fondos europeos para reformar...

O Concello de Vigo solicitará 9 millóns de fondos europeos para reformar o Consistorio

Tamén irán para obras do complexo das piscinas das Travesas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo solicitará un total de 9 millóns de euros ao Mitma, procedentes de fondos europeos, para a remodelación integral do edificio consistorial e para a reforma do complexo das piscinas das Travesas.

Así o confirmou en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero, que explicou que a actuación sobre o Consistorio realizarase en tres fases: a zona baixa do inmoble (desde os sotos á planta 2), a torre, e a terraza-miradoiro.

Para levar a cabo as actuacións convocarase un “concurso de ideas internacional”, segundo avanzou o rexedor, que apuntou que as obras no Concello teñen por finalidade mellorar a eficiencia enerxética, a habitabilidade dos espazos destinados á atención ao público, e mellorar a sustentabilidade. Así mesmo, actuarase na contorna do edificio para mellorar a súa integración, e a conexión con espazos como a Panificadora, o castelo de San Sebastián ou a propia Praza do Rei.

En total, para estas dúas primeiras fases, prevese un investimento de 9,3 millóns de euros, e o Concello solicitará axudas europeas por valor de 3 millóns.

A actuación completarase co acondicionamento da terraza do edificio, onde haberá miradoiro, cafetaría e contará cun ascensor panorámico. Para esa reforma, o alcalde xa anunciara hai uns días que se pediron outros 1,3 millóns de axudas europeas.

Ademais desta remodelación, que deixa atrás de forma definitiva o deseño proxectado no seu día por Rafael Moneo, e que nunca pasou de ser unha maqueta, o Concello prevé un investimento de case 5 millóns para reformar as piscinas das Travesas, e pedirá cofinanciamento da UE por outros 3 millóns de euros.

Neste caso, explicou Abel Caballero, a intención do goberno local é converter o complexo nun “centro de auga e benestar”, coa remodelación de fachadas e cubertas, a modernización dos sistemas, mellora da capacidade illante, protección solar nos acristalamientos, renovación dos vasos das piscinas, instalacións fotovoltaicas, e iluminación Led.

ÚLTIMAS

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...

Vigo retoma o xuízo contra a trama que fabricaba ‘narcolanchas’ tras sucesivas suspensións

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra retomará a partir do luns o...