InicioSociedadeO Concello de Vigo compra por 177.000 euros a antiga Casa dos...

O Concello de Vigo compra por 177.000 euros a antiga Casa dos Labradores, en Ramón Nieto

Pretende convertela nun espacio dotacional público.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Consello da Xerencia de Urbanismo de Vigo aprobou este martes a adquisición da antiga Casa dos Labradores, no número 58 da Avenida de Ramón Nieto, para convertela nun espacional dotacional público.

Así o confirmou en rolda de prensa o alcalde, Abel Caballero, quen dixo que o desembolso pola compra será de 177.000 euros e que o edificio, deseñado polo arquitecto Gómez Román, pasará a formar parte do patrimonio público municipal.

A antiga Casa dos Labradores pertence á Cooperativa do Campo de Santa Cristina de Lavadores e o Concello pretende darlle uso dotacional. “Vano a usar os cidadáns de Vigo, sobre todo de Lavadores, porque esa zona ten poucas dotacións públicas”, sinalou o rexedor.

ÚLTIMAS

Sanidade licita por 284.000 euros reactivos clave para transplantes no Hospital Meixoeiro

A Xunta de Galicia, a través do Servizo Galego de Saúde (Sergas), publicou no...

O PP de Vigo esixe a auditoría das contas de Bembrive mentres o Goberno local cualifica as acusacións de “falsas”

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, esixiu ao rexedor, Abel Caballero, que...

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab para o lanzamento dun novo satélite

Zona Franca renovará o seu apoio ao proxecto BIXO da UVigo SpaceLab, que pretende...

Catro tartarugas mariñas, rescatadas e trasladadas á UCI de Nigrán tras aparecer debilitadas no litoral galego

Catro tartarugas mariñas foron trasladadas á UCI das instalacións da Coordinadora para o Estudo...