InicioSociedadeSuspenden unha licitación en Vigo que subroga un condenado no 'caso enchufe'

Suspenden unha licitación en Vigo que subroga un condenado no ‘caso enchufe’

O goberno local matiza que a paralización cautelar é "o procedemento habitual" cando se presenta un recurso.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia (TACGAL) acordou suspender preventivamente a licitación do contrato de mantemento de iluminación pública en Vigo, tal e como solicitaba o grupo municipal do PP, en tanto non se aclare se se produciron irregularidades no proceso, por incluírse na lista de persoal a subrogar ao xerente dunha empresa, condenado (xunto a un exfuncionario do Concello olívico) por ‘enchufar’ na súa empresa, concesionaria de servizos municipais, á cuñada de Carmela Silva.

Hai uns días, o PP anunciou a impugnación deste proceso de licitación, ao considerar que se está cometendo unha “fraude”, porque na listaxe do persoal a subrogar pola empresa adxudicataria do concurso figura Ramón C.A., xerente de Imesapi, e condenado polos tribunais por falsidade documental, en concurso cun delito de malversación (considerouse probado que a cuñada de Silva cobrou algo máis de 108.000 euros por uns traballos que nunca realizou, nin ela, nin a concesionaria que a contratou).

Na súa denuncia, os ‘populares’ solicitaron que se suspendese a licitación, e agora o TACGAL accedeu a esa suspensión cautelar, aínda que dita decisión non afecta o prazo concedido para a presentación de ofertas ou propostas por parte dos interesados. Así mesmo, o tribunal de contratación tampouco se pronuncia sobre o fondo do recurso interposto polo PP.

IMPUGNACIÓN DO PP

O grupo municipal do PP presentou un recurso especial ante o TACGAL por considerar que se vulnera a lei de contratos públicos no que respecta á prevención da corrupción e dos conflitos de intereses. O portavoz dos populares, Alfonso Marnotes, denunciou que o goberno municipal impuxo o nome de Ramón C.A. na listaxe de persoal a subrogar nese concurso público, un xerente dunha empresa que foi condenado no ‘caso enchufe’ e cuxo salario rolda os 90.000 euros.

Por outra banda, tamén denunciou que o goberno local apurou os prazos para licitar o concurso do mantemento de iluminación, ata que a Audiencia acordou suspender a execución da pena de prisión para esta persoa, todo iso para “blindar” a contratación de Ramón C.A., “pagarlle o favor” e “asegurar o seu silencio” (nin este condenado, nin o exfuncionario Francisco Javier G.O. desvelaron nunca quen lles deu indicacións para contratar á cuñada de Silva).

Tras coñecerse a suspensión cautelar, Marnotes celebrou que o TACGAL “dá a razón” ao grupo municipal do PP, ao acceder á suspensión cautelar. “Sempre dixemos que se tiña que cumprir a lei de contratos (…) e trátase dun auténtico escándalo obrigar a unha concesionaria a asumir a nómina de quen contratou ilegalmente á familiar de Carmela Silva”, proclamou.

RESPOSTA DO CONCELLO

Tras coñecerse a decisión do Tribunal, o goberno municipal de Vigo matizou que “é completamente falso” que o TACGAL dea a razón ao PP, senón que a paralización preventiva da licitación é “o procedemento habitual nestes casos”. “Sempre que se presenta un recurso sobre unha licitación, esta tramitación queda suspendida de forma automática”, sinalaron fontes municipais nun comunicado.

Finalmente, e tras incidir en que o Tribunal non paraliza os prazos, o goberno vigués censurou que o PP de Vigo “se sitúa na mentira de forma reiterada, e como sigan mentindo deste xeito, van conseguir cero concelleiros nas próximas eleccións municipais”.

ÚLTIMAS

Fin á folga en Radioloxía en Vigo: o Sergas acepta sumar un terceiro médico de garda

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e radiólogos de Vigo alcanzaron este xoves un...

Morre apuñalado un home na antiga estación de bus en Vigo

Un home faleceu na tarde deste xoves en Vigo tras ser apuñalado na contorna...

Caballero arremete e eleva a batalla polo Mundial 2030: “A Xunta non quere pagar Balaídos”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu cargar contra a Xunta, asegurando que "non...

Vigo paraliza idea dunha facultade de Medicina tras o preacordo para a docencia descentralizada

A Xunta de Galicia e os reitores das tres universidades galegas acadaron un preacordo...