InicioEconomíaO Parlamento galego demanda que Vigo sexa sede das áreas de pesca...

O Parlamento galego demanda que Vigo sexa sede das áreas de pesca e acuicultura do Instituto Español de Oceanografía

O PP galego carga contra o Goberno central e o BNG lémbralle que mentres en Galicia votou a prol da transferencia de competencias á Xunta, en Madrid votou en contra.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Parlamento demandou ao Estado que, no marco do plan de descentralización do Instituto Español de Oceanografía (IEO) impulsado polo Ministerio de Ciencia, Vigo sexa sede central deste organismo, especialmente das áreas de pesca e acuicultura.

Así se pediu en sedas propostas aprobadas, por unanimidade, na Comisión de Pesca do Parlamento galego celebrada este venres, unha do PP –transaccionada co PSdeG– e outra do BNG.

Durante o debate, a portavoz popular de Mar, Teresa Egerique, lamentou a “nefasta xestión que está a facer o Goberno central do Instituto Español de Oceanografía e a dramática situación económica na que se atopa, a pesar da súa integración no Consejo Superior de Investigaciones Científicas”.

“Levamos tres anos defendendo a necesidade de recuperar o potencial do IEO e esixindo o seu saneamento económico, polo que xa dixemos que esta integración non era a solución”, agrega.

Pola súa banda, Carmela González (BNG) remarcou que este é o cuarto acordo unánime do Parlamento desde 2016 que pide que a Xunta reclame ao Estado o traspaso a Galicia do IEO.

Así mesmo, a deputada nacionalista require que o PP apoie o acordo tamén en Madrid, pois recrimina que “o mesmo PP que aquí votou a prol da transferencia de competencias dos centros oceanográficos de Galicia á Xunta, en Madrid votou en contra”.

ÚLTIMAS

Ferido tras romper un parrulo o parabrisas do seu coche en Vigo

Un condutor resultou ferido tras impactar unha ave contra o parabrisas do seu vehículo,...

Un helicóptero rescata un escalador ferido grave tras caer uns 12 metros no monte do Galiñeiro

Un escalador resultou ferido de gravidade este domingo tras sufrir unha caída duns 12...

Vigo confirma a súa candidatura para ser sede do Mundial de Fútbol de 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este sábado que a cidade foi ratificada...

Reabre un carril da AP-9 en Mos tras o envorco dun camión con 32.000 litros de gasóleo

O carril esquerdo da AP-9 á altura do punto quilométrico 164, no termo municipal...