InicioSucesosDetida en Vigo unha parella por case unha vintena de furtos e...

Detida en Vigo unha parella por case unha vintena de furtos e estafas

A actividade delituosa non só se centra na cidade de Vigo, senón que se ten constancia de que ambos actuaron noutras localidades galegas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo en Vigo un home e unha muller tras ser identificados como presuntos autores de case unha vintena de furtos cometidos en establecementos comerciais, de lecer nocturno e de hostalaría da cidade, ademais de máis dunha decena de estafas con cartóns de crédito e un roubo con forza no interior dun vehículo.

Tal como informou dito corpo de seguridade, o primeiro feito que se lles imputa remóntase a principios do mes de marzo, cando cunha pedra de grandes dimensións fracturaron o cristal dun vehículo, para acceder a el e subtraer un bolso.

Pola súa banda, tamén se lles acusa de ser autores de case unha vintena de furtos. O modus operandi utilizado pola parella consistía en acceder a establecementos de lecer nocturno e, unha vez alí, aproveitaban descoidos das súas vítimas para subtraerlle as súas pertenzas do interior do bolso, tales como carteiras, diñeiro en efectivo, teléfonos móbiles ou cartóns de crédito, que logo utilizaban para efectuar múltiples pagos.

“Dáse a peculiaridade de que un dos feitos que se lle imputan sucedeu nun restaurante céntrico da cidade, cando a parella insistiu en sentar nunha mesa contigua á ocupada por outros clientes, atopándose o establecemento case baleiro, e aproveitando un descoido, subtraeron do interior do bolso, que se atopaba colgado no respaldo da cadeira, unha carteira”, indicou a Policía Nacional, que explicou que usaron o cartón que había nese moedeiro para pagar a consumición.

Froito das investigacións levadas a cabo polos axentes logrouse identificar, localizar e deter os autores dos feitos, pasando ambos a disposición xudicial.

Ata a data impútanselles case 20 furtos, máis de 10 estafas con cartóns de crédito e un roubo con forza, aínda que a Policía non descarta que se pescuden máis feitos, “xa que a súa traxectoria delituosa non só se centra na cidade de Vigo, xa que se ten constancia de que ambos actuaron noutras localidades galegas”.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...