InicioCulturaBueu celebra unha festa popular en Ons e homenaxea os seus habitantes

Bueu celebra unha festa popular en Ons e homenaxea os seus habitantes

PUBLICADO O

- Advertisement -

A recuperación por parte do Concello de Bueu das festas populares no rural continúa o próximo sábado, 18 de agosto, na Illa de Ons, cun programa festivo e de homenaxe á veciñanza no que colabora a Asociación Cultural PiñeirOns.

O programa arrancará ás 11 da mañá cunha ruta fotográfica desde o porto ata a zona de Curro con Servando e Contradança, e a compañía da fotógrafa bueuesa Alba Sotelo, quen coordinará a recreación dunha foto antiga, elemento estrela destas freguifestas que percorreron nas semanas previas Ermelo e Beluso, e que se pecharán a finais de mes en Cela.

Xa na contorna de Curro, ás 12.30 horas Maravallada ofrecerá un concerto de música
galega para dar paso a continuación ao homenaxe a Victoria López López, Cesáreo
Pérez Patiño, que levan vivindo toda a vida na Illa e Arturo Dios Otero, este último
postumamente, por ser o organizador das Festas de San Xaquín.

Dado que un dos obxectivos destas freguifestas é o de fomentar hábitos sostibles, pola
tarde, os máis pequenos e pequenas poderán gozar do espectáculo infantil “Contos para
coidar a terra” da man do grupo Touporrotou co que reflexionarán sobre o medio
ambiente, e rematarase cunha ruada a cargo de Servando e Contradança.

O concelleiro de cultura, Xosé Leal, lembra que o Concello ten operativa a páxina web
na que se poden ver todas as fotografías antigas que se están recompilando no marco deste proxecto coa colaboración veciñal, e na que tamén estarán as actuais.

As persoas interesadas en achegar material gráfico para documentar a evolución das festas poden acudir ao Concello ou ben escribir aos correos electrónicos comunicacion@concellodebueu.gal  e freguifestas@gmail.com.

A veciñanza da Illa tamén colabora de xeito activo nesta festa coa organización de
diversos eventos na fin de semana. O sábado de 21.30 a 23 horas actuará o DJ Toño e a
partires das 23.30 h, Raul & Cía. O domingo pola mañá, ruada coa charanga “A cabeza
non para”, e oficios relixiosos por San Xaquín e Santa Ana a partir das 13 horas.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...