InicioVigo e contornaVigoDenuncian a paralización dunhas obras en Teis: "xa tiñan que estar rematadas"

Denuncian a paralización dunhas obras en Teis: “xa tiñan que estar rematadas”

A A.VV. de Teis di non ter recibido resposta do Concello sobre o estado da intervención.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Nova denuncia da Asociación Veciñal de Teis. Desta vez, a plataforma do barrio vigués vén de cargar contra a “paralización” das obras da II fase da humanización na rúa Purificación Saavedra, que, segundo explican, levan xa meses conxeladas sen explicación mediante.

A intervención focalízase no tramo entre a rúa Foxos e a rúa Enrique Lorenzo, unha parcela que debería estar xa rematada, de acordo coas mesmas fontes. “As obras comezaron hai meses en outubro de 2021 e está sen finalizar como se pode comprobar, coas molestias que isto supón para a veciñanza desta rúa e do resto de Teis. Temos que ter en conta que estamos a falar dunha rúa moi transitada e sendo nun dos acesos o mercado de Teis”, inciden.

É por iso que a pasada semana a Asociación dirixiu un escrito á Concellaría de Fomento denunciando está situación e demandando a finalización das obras na rúa Purificación Saavedra. Segundo destacan, seguen sen recibir unha resposta a día de hoxe.

“Descoñecemos os motivos para a paralización destas obras desde hai tantos meses e cando as obras tiñan que estar finalizadas”. Desde a Asociación demandan o reinicio das obras para que estas podan finaliza “coa maior brevidade”.

ÚLTIMAS

Piden case 7 anos de cárcere para unha muller acusada de encerrar e maltratar o fillo adolescente da súa parella en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá o mércores unha vista preliminar...

O BNG de Vigo propón subir ata un 150 % o IBI para grandes propietarios con vivendas baleiras

O BNG de Vigo propoñerá duplicar o recargo do imposto sobre bens inmobles (IBI)...

Afectados polo PIA do Ofimático de Vigo piden á Xunta que paralice a “trampa” das expropiacións

Afectados o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Ofimático e Santa Cristina de Vigo...

Roubo “sacrílego” de cálices, copones, patenas e unha xerra nunha igrexa de Nigrán

A Diocese de Tui-Vigo lamentou o roubo rexistrado o pasado mércores na igrexa de...