InicioSucesosPiden catro anos de cárcere para unha enfermeira que consultou sen permiso...

Piden catro anos de cárcere para unha enfermeira que consultou sen permiso a historia clínica do seu exmarido

Estes accesos ao seu historial, fíxoos usando o seu nome de usuario e a súa clave interna, sen que o prexudicado lle dese autorización e sen que mediasen motivos asistenciais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha enfermeira da área sanitaria de Vigo enfróntase a 4 anos de prisión como presunta autora dun delito de descubrimento de segredos, por consultar sen permiso o historial clínico do seu exmarido, e será xulgada este venres na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede na cidade olívica.

Segundo o escrito de acusación pública, a procesada aproveitou a súa condición de funcionaria no sistema sanitario público para acceder en polo menos sete ocasiones á historia clínica da súa exparella, entre o 19 de novembro de 2020 e o 19 de xaneiro de 2021.

Estes accesos ao seu historial, fíxoos usando o seu nome de usuario e a súa clave interna, sen que o prexudicado lle dese autorización e sen que mediasen motivos asistenciais.

Por iso, a Fiscalía considera á acusada autora dun delito de descubrimento de segredos, coa circunstancia agravante de parentesco, e pide para ela a pena de 4 anos de prisión. Tamén reclama que se lle impoña unha multa de 5.940 euros e a inhabilitación absoluta durante 7 anos.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...