InicioVigo e contornaVigoDetidos dous mozos en Vigo por danar un coche a patadas

Detidos dous mozos en Vigo por danar un coche a patadas

Aconteceu na mañá do pasado domingo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dous mozos de 22 e 23 anos de idade foron detidos en Vigo o pasado domingo tras desprazar un vehículo que se atopaba estacionado na rúa, darlle patadas e saltar sobre el, segundo informou a Policía Local nun comunicado. Os feitos ocorreron minutos despois das 10,30 horas, cando unha persoa alertou aos axentes de que dous mozos desprazaran un coche, deixándoo situado no centro da rúa Heraclio Botana, para despois patealo e saltar sobre o mesmo.

Unha vez no lugar, os funcionarios corroboraron que o automóbil estaba na situación descrita, polo que se iniciou un operativo de procura, localizando aos dous homes na rúa Roupeiro. Resultaron ser R.B.F. de Vigo e 22 anos de idade e M.R.A. tamén de Vigo e 23 anos, cuxos calzados coincidían coas pegadas achadas no vehículo, ademais de que o testemuña os recoñeceu “sen ningún xénero de dúbida”.

Por iso, foron detidos pola suposta comisión dun delito de danos. Tras isto, contactouse co propietario do coche para informarlle do ocorrido e dos trámites a seguir para presentar denúnciaa pertinente.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...