InicioSociedadeUn home, detido en Vigo tras agredir a súa parella durante unha...

Un home, detido en Vigo tras agredir a súa parella durante unha discusión

Foi a propia vítima quen alertou os axentes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home, D.G.R. de Vigo e 43 anos de idade, foi detido en Vigo o pasado sábado tras agredir a súa parella durante unha discusión, segundo informou a Policía Local nun comunicado.

Os feitos ocorreron sobre as 17,15 horas e foi a propia vítima a que alertou os axentes. Unha vez no lugar, ela explicou que por mor dunha discrepancia familiar se iniciou unha discusión coa súa parella.

No transcurso dela, segundo o seu relato, o home suxeitáraa polo pescozo e o antebrazo dereito, polo que presentaba roces compatibles cunha agresión, tal como recolle a Policía Local.

Por iso, os funcionarios dirixíronse ao interior do domicilio, onde se atopaba o suposto agresor, que foi detido como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

ÚLTIMAS

Vigo prepara un protocolo ante as inundacións: cortes de tráfico en Balaídos, Citroën e outras zonas de risco

O Concello de Vigo aprobou un novo protocolo permanente de actuación ante episodios de...

O TSXG dálle a razón ao Porriño fronte a Vigo: anula os cobros pola auga da presa de Eiras

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso de apelación presentado...

Competencia detecta indicios de prácticas irregulares no contrato de 470 millóns do bus urbano de Vigo

A contratación pública constitúe un dos principais mecanismos polos que as administracións deciden como...

Orden de busca e captura dunha empregada do fogar que subtraeu xoias por case 75.000 euros dunha vivenda en Vigo

A Quinta Sección da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ordenou a...