InicioCulturaSeis vilancicos en galego cantados lonxe da nosa terra nos séculos XVI...

Seis vilancicos en galego cantados lonxe da nosa terra nos séculos XVI e XVII

Recollemos as seis panxoliñas que a académica Rosario Álvarez, catedrática da Universidade de Santiago, recompilou e analizou como exemplos de vilancicos en lingua galega –real ou finxida– producidos e difundidos en territorio non galegófono en plenos Séculos Escuros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Para a Noiteboa e o Nadal presentamos seis vilancicos en lingua galega cantados, e probablemente producidos, en territorios de lingua española ou portuguesa antes do ano 1650: Valladolid, Toledo, Sevilla, Jerez de la Frontera, Lisboa e México. A achega faina Rosario Álvarez, académica numeraria da Real Academia Galega, catedrática da área Filoloxías galega e portuguesa, docente na Facultade de Filoloxía e investigadora do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Como explica a propia profesora, son vilancicos non paródicos producidos e difundidos en territorio non galegófono entre finais do século XVI e a primeira metade do século XVII —en plenos Séculos Escuros—, nos que a lingua é o trazo que mellor identifica os fillos de Galicia, homes e mulleres humildes que acoden a celebrar o nacemento doutro galego pobre, o meniño que está chamado a ser o seu novo señor e o seu redentor.

Rosario Álvarez tamén explica que estes textos presentan diversos graos de hibridación lingüística, debida ás características do sistema galego na altura, á acomodación a un público que fala español ou portugués, á transmisión textual ou a un impulso hipercaracterizador.

Seis vilancicos que a catedrática recompilou e analizou nun estudo publicado este ano en Madrygal. Revista de Estudios Gallegos, co título ‘A lingua galega no espello. Edición e estudo de seis vilancicos cantados fóra de Galicia antes de 1650’. Un traballo que se inscribe no marco do proxecto de investigación “Gondomar. Corpus dixital de textos galegos da Idade Moderna. Catalogación, multiedición, glosario e estudo”, que se desenvolve no Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela con financiamento do Ministerio de Economía y Competitividad.

O obxectivo, ademais de contribuír ao coñecemento desta selección de seis vilancicos, é “borrar a sospeita de falsificación deitada inxustamente sobre todo o amplo corpus de vilancicos, sen facer distingos”, analizando “a hibridación lingüística e separando os trazos/textos imitativos dos verdadeiros trazos/textos galegos”, ademais de establecer “unha cronoloxía relativa entre variantes e o seu itinerario xeográfico”, e mais “arrequentar o coñecemento do galego deste período”, que para a autora está necesitado de n”ovos datos e de novos textos”. Asemade, di, estes vilancicos “serven para obter o conxunto de trazos con que noutros territorios hispánicos labraban o retrato lingüístico dos galegofalantes“.

Estes textos foron producidos e difundidos en territorio non galegófono entre finais do século XVI e a primeira metade do século XVII, até 1650. Son todos eles vilancicos non paródicos, é dicir, “neles o uso da lingua galega –real ou finxida, imitada– non ten unha intención cómica senón de caracterización verosímil duns personaxes (pastores, segadores, criados…: individuos humildes, traballadores pobres), galegos de nación, que se presentan perante o neno e a súa nai celebrando a chegada do seu novo señor”.

Ora ben, como subliña a propia autora, “a ausencia de comicidade non garante a fiabilidade lingüística dos textos: os autenticamente galegos están sometidos aos problemas derivados dunha transmisión escrita a cargo de persoas que non coñecen o idioma e para as que a letra do vilancico –secundaria respecto da música no marco do espectáculo– cumprirá mellor a súa función se non se distancia moito da falada polo público (ou se se achega, aínda que sexa forzadamente, a ela)”. Nos restantes textos, “os autores e transmisores conténtanse con repetir unhas cantas formas morfolóxicas e léxicas que fan parte das características do xénero e con usar unha serie de trazos que, supostamente, dan un ‘aire galego’ ao asunto”, explica Rosario Álvarez.

A autora ofrece, sempre que é posible, a transcrición estrita dos poemas dados ao prelo ou que figuran nos manuscritos da época, e nalgúns casos van acompañados pola propia edición da catedrática, que tenta ser respectuosa cos textos transmitidos, só modificados con criterios modernos aspectos formais que non alteran nin a pronuncia, nin a selección de variantes morfolóxicas e léxicas, nin o contido do poema

‘OLLOS TAN DIVINOS’

O primeiro dos vilancicos é ‘Ollos tan divinos’, un poema en forma de vilancico exhumado por García de la Concha e Álvarez Pellitero (1982), na edición do Libro de romances y coplas del Carmelo de Valladolid (c. 1590- 1609). Existe, ademais, outra versión conservada no acervo de poemas do Carmelo que obra na Biblioteca Colombina, con algunhas diferenzas textuais significativas.

A principal hipótese é que foi obra dunha monxa non galegófona que tería contacto coa lingua dos galegos a través dos que traballaban como criados ou similares oficios humildes, en Castela e noutros lugares.

Carmelo de Valladolid (CV) Biblioteca Colombina (BC) Edición
otro alo mismo

Ollos tan diuinos e por que chorais sabeis pucherinos e vos fatigais

Se algua cosa vos falta en belen ydvos santaren que e cosa preçiosa terra muyto honrrosa que vos muyto amais e esos pucherinos ja vos non jacais

se olanda quereis que vale un peru lenço calecu ylo portugues si en todo este mes e vos lo pagais tantos pucherinos ja vos non jacais

sois muyto fidalgo muyto cabaleiro e por ende queiro vos praçer enalgo pois q̄ tanto valgo deçey q̄ mandais e esos pucherinos ja vos non jacais

otras

Ollos tan diuinos he por que chorais sabeis pucheriños e vos fatigais.

Se alguna cosa vos falta e͂ bele͂ id vos santare͂ que es cosa preciosa, terra muito honrrosa que vos muito amais esos pucheriños ja vos nõ facaiz.

Soi muito fidalgo muito cauallero he por ende queiro vos placer enalgo pos que tãto ualgo decei que mãdais esos pucheriños ja uos nõ facais.

Se olãda quereis que vale un peru lenzo calecur ilo portugues si en todo este mes e vos lo pagais tamtos pucheriños ja vos nõ facais.

Ollos tan divinos, ¿e por que chorais, s’habeis pucheriños e vos fatigais?

Se algúa cosa vos falta en Belén, id vós Santarén que é cosa preciosa, terra muito honrosa que vós muito amais, e esos pucheriños ja vós non façais.

Soi muito fidalgo, muito cabaleiro, e por ende queiro vos pracer en algo. Pois que tanto valgo decei que mandais, e esos pucheriños ja vós non façais.

Se holanda quereis, que vale un Perú, lenço calecú, hilo portugués, si eu to do este mes e vólo pagais, tantos pucheriños ja vós non façais

‘VEÑA EMBORA, VEÑA’

“Beña nora buena” é foi cantado en Lisboa, na Capela Real, no Nadal de 1640. Consta dunha canción de 21 versos seguida de dúas coplas de 20 versos, ao final das cales se repite o estribillo.

Outra versión foi cantado na mesma Capela Real no Nadal de 1645, e outra na catedral de Toledo no Nadal de 1641. Con todo, estas tres non son as únicas versións que circularon, a un e outro lado da raia portuguesa, indica a autora do estudo.

Lisboa 1640 Toledo 1641 Toledo 1641 Edición
Beña nora buena
o ceo para a terra.
Beña minha vida
e seja de Galicia.
Beña o Sol divino
que nace garridiño.
Beña o Sol fermoso
que nace como un ouro.
Beña o lume, beña,
e fujão as tenebras.
E à bela sua Mãy
o parabem le day:
Que faga a mantiña
que bole a palliña.
o parabem le day,
tangey, tocay,
sonay a gaytiña.
Sonay a frautinha
tangey a baijon
que me retinha, retinha, retinha
que me retina, retina o som
1. Beña en bora, beña
o ceo para terra.
2. Beña.
1. Beña, miña vida,
y seja de Galicia.
2. Beña.
1. Beña o Sol diuiño,
que nace garridiño.
2. Beña.
1. Beña o Sol fermoso,
que nace como un oyro.
2. Beña.
1. Beña lume, beña,
fujan as tiniebras.
2. Beña, è seja.
1. E sua bela may
o parabein lle day,
que colle peroliña,
que faysa a mantiña.
2. O parabein lle day.
1. Que está ja paridiña,
e finca dounzeliña.
2. O parabein lle day.
1. Que bulle a paliña.
2. O parabein lle day.
1. Tangey, tocay,
sonay a gaitiña,
tocay a flautiña,
tanjei o baijón,
que me ritiña, ritiña, ritiña
que me ritiña, ritiña o son.
Veña embora veña
o ceo para a terra.
Veña miña vida
& seja de Galicia.
Veña o Sol divino
que nace garridiño.
Veña o Sol fermoso,
que nace como un ouro.
Veña a lume, veña,
& fujam as teniebras.
Veña, &seja,
& à sua bela mãy
o parabem lhe day,
que està ja garridiña,
& fica donzeliña.
Que colle peroliña,
que faija a mantiña.
Que bulle a palliña,
tangei.
Sonai a gaitiña
tangei a frautiña.
tocai o baijon,
que me retiña, retiña o son
1. Veña embora, veña
o ceo para a terra.
2. Veña.
1. Veña miña vida
e seja de Galicia.
2. Veña.
1. Veña o sol divino
que nace garridiño.
2. Veña.
1. Veña o sol fermoso
que nace como un ouro.
2. Veña.
1. Veña o lume, veña
e fujan as tenebras.
2. Veña, e seja.
1. E á súa bela mai
o parabén lle dai,
que está ja paridiña
e fica donceliña.
2. O parabén lle dai.
1. Que colle a peroliña,
que faixa a mantiña.
2. O parabén lle dai.
1. Que bole a palliña
2. O parabén lle dai.
1. Tangei, tocai.
Sonai a gaitiña,
tangei a frautiña,
tocai o baijón,
que me retina, retina, retina
que me retina, retina o son.

A catedrática da USC transcribe como mostras outros catro vilancicos galegos de diversas procedencias dentro do amplo dominio do español que foron cantados nas cerimonias de Nadal na catedral de Sevilla en 1626, na catedral de Toledo en 1638, na igrexa parroquial de San Miguel de Jerez de la Frontera en 1649 e na catedral de México en 1650. Na exemplificación tomamos datos doutros textos do mesmo teor e período.

SEVILLA 1626

O mancebino novo
que deitado está en portal
pois nace entre galegos
el de amores morrerá.
Ay que lo vi que lo vejo
ay que lo vi, que lo vi, que lo creigo.

Al pequenino que baxa del cielo
bordando los campos, legrand’os ventos
ay que lo vi, que lo veyo
los galeguiños le cantan contentos,
porque nos vene a donar el remedio,
ay que lo vi, que lo vi, que lo creigo.

Pois que conozco se deita enel feno,
chorando de amores temblando de yelo
ay que lo vi que lo veyo,
la súa may le aplica alo peito
cerrando dois soles rendidos al sueño
ay que lo vi, que lo vi, que lo creigo.

TOLEDO 1638

Ay miño señor,
si vos proua a terra,
víndivos acá
coa gente galega.

E vos dará musiquiña
con frautiña e rabiquiña,
cascabel, y cherumbela
ay víndivos acá coa gente galega.

Coplas.

Con ser Deus santo, e forte
os proua a terra de sorte,
que vos teyne de dar morte
porque sois fillo de Adán,
Ay víndivos, &c.

Miña terra non vos nego
vos será de máis sosego,
que achareis nela o galego
que vos veine agasallar.
Ay víndivos, &c.

Si chorais as lagrimiñas
por acharos sein mantiñas,
as mulleres galeguiñas
voso corpo abrigarán.
Ay víndivos, &c.

Folgareisvos da manida
coa gente, que é comprida,
e vos quere como a vida,
e con vos se folgará.
Ay víndivos, &c.

Véndouos o galeguiño
tangerá o panderetiño,
y ao son de tamboritiño
cantiguiñas vos dirá.
Ay víndivos, &c.

Passareislo meu señor
a pracer muyto mellor
que en Belén, donde rigor
malas noytes vos dará.
Ay víndivos, &c.

Tenemos muytas galiñas,
cabritiños, terneriñas,
mel, e queju, e mil cosiñas,
muyto viño, e muyto pan.
Ay víndivos, &c.

JEREZ DE LA FRONTERA 1649

Ay cachopiño belo
dóchome a Deus
como sois galego.

Ay miño pai diuino
dóchome a Deus
como sois galegiño.

Ay cachopiño de oiro
dóchome a Deus
como sois fermoso.

Ay miño pay de vida
dóchome a Deus
como sois de Galicia.

No vosso portaliño
para ser pao de os ceos
naceis entre as espigas
que comen os galegos.

Ay belo fermosiño
dóchome a Deus que os vejo
no portaliño pobre
donde estais encuberto.

Eu vos teño nos ollos
porque dizen os cregos
que vos sois a lusiña
dos ollos con que vejo.

Vestido de encarnado
en que estais encuberto
en Galisa de graça
vos querem os galegos.

Todos los galegiños
vem de Galisa a veruos
y na vossa choupiña
tocan o’seus instrumentos.

Tocay ao marotiño
que eu tambem cantar queiro
huas copriñas nouas
que cantão os galegos.
Ay cachopiño &c

MÉXICO 1650

Ay galeguiños ay,
ay que lo vejo
mas ay que lo miro
ay que lo vejo
en un pesebriño.
Ay, ay galeguiños ay…

Ay, ay o fillo de Deus
ay, ay que a la terra vino.
Ay o fillo de Deus ay,
que a la terra vino.
Ay galeguiños ay,
ay que lo vejo
mas ay que lo miro
ay que lo vejo
en un portaliño.

Ay, soen gaitiñas
e dai mil boltiñas
ay tocá las flautiñas
tamben los pandeiros
ay, ay que face pucheiros
por mis amoriños.
Ay galeguiños ay…
Ay fagámoslle festas
que entre duas bestas
ay que muito le cuesta
nace sendo nobre
ay, ay na terra tan pobre
por os pecadiños.
Ay galeguiños ay…

ÚLTIMAS

Comisan en Ecuador máis dunha tonelada de cocaína que tiña como destino o porto de Vigo

A Policía Nacional de Ecuador comisou, en Guayaquil, máis dunha tonelada de cocaína nun colector que...

A Garda Civil recolle pistas sobre o atropelo mortal na AP-9 en Teis

A Garda Civil continúa investigando o atropelo mortal a un home de 33 anos ocorrido na...

OPINIÓN.- A vivenda como dereito nun modelo de cultura económica neoliberal

Cando falamos de vivenda habitual, estamos facendo referencia a un dereito fundamental recollido na...

Investigan a unha menor que realizaba prácticas nun turismo coa súa nai e o seu irmán no Porriño (Pontevedra)

A Garda Civil investiga a unha menor que foi identificada o sábado 21 de decembro ao...