InicioSucesosDetido en Vigo un mozo de 18 anos tras agredir á súa...

Detido en Vigo un mozo de 18 anos tras agredir á súa exparella na rúa

Ao decatarse da presenza policial, o aludido iniciou unha fuxida, sendo abordado por un dos funcionarios.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un mozo, E.M.G. de Vigo e 18 anos de idade, foi detido na cidade olívica na madrugada do pasado sábado tras agredir á súa exparella na zona da rúa Areal.

Tal como informou a Policía Local, os feitos ocorreron ás 05,30 horas, cando axentes que se atopaban patrullando polo lugar observaron un tumulto de persoas aproximándose a unha parella e visualizaron como un home cuspía a unha muller na cara e lle daba unha labazada.

Ao decatarse da presenza policial, o aludido iniciou unha fuxida, sendo abordado por un dos funcionarios. Namentres, outro axente entrevistouse coa vítima, de 20 anos de idade.

Ela manifestou que rompera a relación co mozo había seis meses, tras dous anos de duración. Con todo, estaba cansa de sufrir acoso constante por parte do home tras esa decisión. Ese día coincidiron pola zona e el agrediuna.

Por iso, procedeuse á detención do mozo pola suposta comisión dun delito de violencia de xénero.

ÚLTIMAS

O BNG chama a manifestarse o 30 de maio en Vigo ante a presenza dos reis polo desfile das forzas armadas

O BNG presentou este venres na súa sede comarcal de Ferrol a campaña 'Na...

A EFCA incrementa preto dun 5% as súas inspeccións en 2025, con 5.000 infraccións

A Axencia Europea de Control da Pesca (EFCA, polas súas siglas en inglés), con...

Vigo desbloquea a tramitación urbanística para a nova Praza de España

A Xerencia de Urbanismo do Concello de Vigo aprobará definitivamente o vindeiro martes os...

Almuiña retira as competencias de Urbanismo ao edil de Baiona investigado pola Fiscalía

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, retirou as competencias de Urbanismo, Patrimonio e...