InicioEconomíaOs traballadores de Vitrasa irán á folga se a empresa confirma o...

Os traballadores de Vitrasa irán á folga se a empresa confirma o recorte salarial

Entre o persoal hai "máis unidade que nunca", din.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A asemblea de traballadores da concesionaria do transporte público urbano de Vigo, Vitrasa, decidiu este sábado pola noite que irán á folga se a empresa continua coa pretensión de non aplicar o convenio colectivo e rebaixar os soldos un 30% no que queda de ano e un 14% o ano que vén.

A votación a prol da folga, proposta polo comité de empresa, saíu adiante con 157 votos a favor, tres nulos e un en contra, segundo informaron os sindicatos.

Ademais, os traballadores tamén votaron entre a posibilidade de realizar paros parciais, a petición dalgúns empregados, ou realizar unha folga completa, tal e como propuña o comité e que, finalmente, foi a opción vencedora con 97 votos a favor por 60 da opción de realizar paros parciais.

Así mesmo, o comité de empresa manifestou a súa satisfacción por estes resultados que, aseguran, demostran que entre o persoal hai “máis unidade que nunca”.

Deste xeito, a folga comezará en canto se faga efectivo o recorte salarial anunciado pola empresa e, mentres tanto, o comité xa anunciou novas mobilizacións. Así, o xoves día 12 está previsto que se concentren diante do Concello entre as 10,30 horas e as 11,30 horas e o xoves manifestaranse desde llorones ata Policarpo Sanz ás 19,00 horas.

ÚLTIMAS

195 millóns: o custe do novo contrato entre SERGAS e Povisa

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e o Hospital Ribera Povisa de Vigo finalmente...

Dous detidos nun operativo contra un punto de venda de drogas en Vigo

Axentes da UDYCO da Comisaría de Policía Nacional de Vigo-Redondela detiveron a dous homes...

Biznaga, Caamaño&Ameixeiras, Guadalupe Prata, Susana Seivane e Santero e Los Muchahos, no cartel do Festival de Cans

Biznaga, Caamaño&Ameixeiras, Guadalupe Prata, Susana Seivane e Santero e os Raparigos son algunhas das...