InicioSociedadeUnha rampla mecánica para acceder ao centro de saúde de Teis

Unha rampla mecánica para acceder ao centro de saúde de Teis

A obra terá un custo de algo máis de 1,3 millóns de euros e un prazo de execución de 6 meses, unha vez que se adxudique a obra.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este xoves o proxecto para instalar unha rampla mecánica na rúa Ángela Iglesias Rebollar, que dá acceso ao centro de saúde de Teis, que terá un custo de algo máis de 1,3 millóns de euros e un prazo de execución de 6 meses, unha vez que se adxudique a obra.

Así o explicou o alcalde, Abel Caballero, quen puxo en valor esta obra, que inclúe o acondicionamento da rúa, novas canalizacións, nova iluminación e zonas verdes. A obra estará rematada aproximadamente nun ano.

Segundo a imaxe mostrada polo rexedor, a rampla terá un deseño similar ao das ramplas de Gran Vía, cunha cuberta de arcos de cores. O mecanismo instalarase no centro da calzada conectado a un gran paso de peóns na Avenida de Galicia, con semáforo no cruzamento, e estableceranse os carrís de circulación a ambos os dous lados da rampla.

Cuestionado polos medios acerca das prazas de aparcadoiro que desaparecerán na parte máis inclinada da rúa, Caballero asegurou que a obra non suporá moita diferenza co que hai na actualidade porque a xente non aparca nese tramo precisamente “para non ter que subir a coller o coche”, e manteranse as prazas que hai na parte baixa e detrás do centro de saúde.

Finalmente, o alcalde censurou que “BNG, Esquerda Unida (Marea de Vigo) e o PP se op`oñen” a que se faga esa obra. “Que saiba todo Teis que me importa un bledo que se opoñan. Imos facer as ramplas mecánicas do centro de saúde de Teis. Punto”, proclamou.

ÚLTIMAS

PP e BNG emendan a ordenanza das Zonas de Baixas Emisións de Vigo: uns piden atrasar multas e outros devolver o texto

Os grupos municipais da oposición no Concello de Vigo presentaron as súas emendas ao...

Tres detidos por abandonar a un home ferido nunha cuneta en Moaña

A Policía Nacional detivo nas últimas horas a tres persoas supostamente relacionadas coa aparición...

Un SMS falso acaba nunha estafa de 140.000 euros. Así é a estafa intervida pola Garda Civil no Porriño

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da...

O persoal do lixo de Vigo convoca folga indefinida a partir do 24 de maio

O comité de persoal de FCC (CIG, CC.OO. e USO), concesionaria do servizo de...