InicioEconomíaStellantis Vigo anuncia máis paradas de produción en maio e xuño por...

Stellantis Vigo anuncia máis paradas de produción en maio e xuño por falta de subministracións

A CIG critica á dirección por pedir "execpcionalidades" a Red Eléctrica para ter unha estación de alta tensión.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A dirección da factoría viguesa do grupo automobilístico Stellantis informou ao comité de empresa que é “bastante probable” que se poidan “intensificar” as paradas de produción a partir da segunda quincena de maio e durante o mes de xuño.

Así, este venres Stellantis Vigo trasladou á representación dos empregados a organización da produción para as próximas semanas, cando a planta ensamblará certos modelos concretos para poder xestionar o maior número de pezas dispoñibles e minimizar o impacto na actividade do persoal.

En relación coas previsións de produción para os meses de maio, xuño e xullo, a pesar de que Stellantis recoñeceu que os modelos ensamblados en Vigo “seguen tendo boa acollida” no mercado, as “dificultades” de aprovisionamento de pezas veranse agravadas pola nova onda de Covid-19 no sueste asiático, “con importantes bloqueos” no porto comercial de Xangai.

Isto afectará no curto prazo á cadea de subministración de semiconductores, segundo recoñeceu Stellantis Vigo, polo que prevé unha “intensificación” das paradas en maio e xuño, cunhas previsións actuais de inactividade de en torno ao 30% da produción no mes de xuño nos dous sistemas. “De manterse esta previsión, planificaranse como mínimo paradas para o final do período de xuño, atopándose esta circunstancia pendente de confirmación en todo caso coa maior antelación posible”, engadiu a empresa. En canto ás vacacións dos empregados, Stellantis Vigo confirmou que o centro de Balaídos pechará tres semanas no verán, desde o 26 de xullo ata o 15 de agosto.

RED ELÉCTRICA

Noutra orde de cousas, a CIG tachou de “hipócritas” á dirección de Stellantis, por pedir a Red Eléctrica de España que “de forma excepcional” conceda á fábrica unha estación de moi alta tensión. Petición que foi rexeitada.

“É curioso que, cando se trata de solicitar axudas públicas para os seus beneficios particulares, a nosa dirección coñeza o significado de excepcionalidade. Pero na CIG preguntámonos onde queda a excepcionalidade cando se trata de minimizar o impacto económico e social aos traballadores polos días de non actividade pola falta de compoñentes”, lamentou.

Todo iso despois de que se fixese público a solicitude de Stellantis Vigo a red eléctrica, onde se recoñecía que a factoría non cumpre o nivel de consumo que se contempla para a conexión á rede de moi alta tensión, pero pídese “excepcionalidade” para que lla concedan.

ÚLTIMAS

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Detido un home en Vigo por saltar unha orde de afastamento dunha muller coa que foi sorprendido discutindo na rúa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...

Un accidente na Ponte de Rande provoca retencións na AP-9

Un accidente na ponte de Rande provoca retencións na autoestrada AP-9 en dirección Pontevedra,...

Deteñen un home en por presunta agresión á súa nai octoxenaria

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un veciño da cidade, A.I.R., de...