InicioVigo e contornaVigoAvanzan os trámites administrativos para construír o novo IES de Navia

Avanzan os trámites administrativos para construír o novo IES de Navia

A Xunta evitará transferir os terreos ao Concello para "aforrar tempo".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, informou de que este venres o Goberno galego remitiu ao Concello olívico o documento do convenio de colaboración para a construción do novo instituto do barrio de Navia.

Segundo lembra o Executivo autonómico nun comunicado, a través deste acordo proponse a cesión directa dos terreos por parte do Instituto Galego da Vivenda e Solo, propietario dos mesmos desde xaneiro de 2022, á Consellería de Cultura, Educación e Universidade. É dicir, sen a necesidade de que sexan transferidos ao goberno municipal para aforrar “tempo e trámites”.

A Xunta pretende avanzar así na construción desta infraestrutura, na que investirá uns 12 millóns de euros e que se axustará “por completo” aos estándares do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, con espazos “amplos e flexibles”. “Un proxecto esencial para a cidade de Vigo e para a comunidade educativa”, reivindicou Fernández-Tapias, que subliñou que desta forma queda “acreditada” a vontade do Goberno galego coa execución do IES de Navia “en contra das manifestacións malintencionadas que apuntaban a que non se faría”.

A delegada da Xunta apelou á “colaboración das autoridades municipais” xa que se trata dunha infraestrutura “crave” para Navia, polo que “debe quedar fóra de calquera interese político e partidista”. O seguinte paso, segundo ela, é que o Concello deberá dar luz verde a esta cesión, así como comprometerse a axilizar os trámites necesarios para a urbanización do barrio e conceder a licenza de segregación da parcela.

O novo instituto terá capacidade para ao redor duns 700 alumnos e contará con 16 aulas e catro bacharelatos, así como aulas especializadas para música ou tecnoloxía, entre outras, e laboratorios, biblioteca ou ximnasio.

ÚLTIMAS

Nin a choiva nin os fallos técnicos puideron vencer a un Caballero que volveu acender o Nadal “no mundo enteiro”

A choiva caía con forza sobre Vigo, unha desas treboadas que semellan querer adiar...

Protesta en Vigo pola supresión do AVE en Sanabria: “Non o imos aceptar”

Medio centenar de veciños de Sanabria (Zamora) concentráronse este sábado en Vigo para protestar...

A Xunta urxe a Caballero a abordar as válvulas danadas da presa de Eiras

A Xunta de Galicia reiterou ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a urxencia de...

Detidos dous veciños de Salamanca por estafa en compras ‘online’

O equipo de investigación tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Garda Civil...