InicioSociedadeVigo supera os 2.800 casos activos e baixa a presión hospitalaria

Vigo supera os 2.800 casos activos e baixa a presión hospitalaria

Descenden a tres os pacientes ingresados en UCI --un menos-- e a 77 os doutras unidades --sete menos--.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As persoas hospitalizadas por Covid-19 aumentan lixeiramente a 703 en Galicia –un máis que o día anterior– e os casos activos seguen en ascenso para situarse en 17.651, que implican 963 máis, tras rexistrarse outros 1.732 novos contaxios –catro máis–. Polo seu lado, a taxa de positividade baixa lixeiramente en Galicia ao 32,24%.

Segundo os datos actualizados este venres pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do xoves, recollidos por Europa Press, mantéñense en 21 as persoas hospitalizadas en UCI pola Covid-19 en Galicia, pero aumentan a 682 as ingresadas en unidades convencionais –unha máis–, mentres que 16.948 pacientes están en seguimento no seu domicilio. Hai unha semana –o venres 22 de abril– había 639 hospitalizados, deles 16 en críticos.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta en catro das sete: A Coruña-Cee, Ourense, Lugo e Ferrol; mentres que se alivia nas outras tres: Vigo, Santiago-Barbanza e Pontevedra-O Salnés. Así, na área de Vigo descenden a tres os pacientes ingresados en UCI –un menos– e a 77 os doutras unidades –sete menos–.

CASOS EN ASCENSO

Os casos activos manteñen a tendencia ascendente no conxunto de Galicia e aumentan a 17.651, que implican 963 máis que a xornada anterior, ao haber de novo máis contaxios (1.732) que altas (766), ao que se suman tres falecementos. Hai unha semana –o venres 22 de abril– había 14.909.

De novo o aumento é xeneralizado nas sete áreas sanitarias galegas, coa de Lugo á fronte (+230), seguida da de Ourense (+203), Vigo (+171), Santiago e Barbanza (+157), Pontevedra-O Salnés (+88), Ferol (+77) e A Coruña-Cee (+34). Por tanto, con máis infeccións activas mantense a área da Coruña e Cee, con 3.360; seguida da de Santiago e Barbanza, con 2.886; Vigo, con 2.864; Lugo, con 2.713; Ourense, con 2.478; Pontevedra e O Salnés, con 1.978; e á cola segue a de Ferrol, con 1.352.

Segundo o último informe actualizado polo Ministerio de Sanidade este pasado martes, 26 de abril, adaptado ao novo sistema de vixilancia da Covid-19 centrado en poboación vulnerable, a incidencia acumulada a 14 días en Galicia en maiores de 60 anos ascende a 1.182,74 casos por 100.000 habitantes, mentres que a media estatal se sitúa en 608,16.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá o Congreso Internacional de Enxeñaría Naval en 2027

A 66ª edición do Congreso Internacional de Enxeñaría Naval celebrarase en Vigo en 2027,...

Deteñen un mozo de 22 anos con catro ordes de procura

A Policía Local de Vigo detivo este pasado xoves a un mozo, de 22...

O BNG chama a manifestarse o 30 de maio en Vigo ante a presenza dos reis polo desfile das forzas armadas

O BNG presentou este venres na súa sede comarcal de Ferrol a campaña 'Na...

A EFCA incrementa preto dun 5% as súas inspeccións en 2025, con 5.000 infraccións

A Axencia Europea de Control da Pesca (EFCA, polas súas siglas en inglés), con...