InicioDeportesTui prepárase para o XII Enduro Cidade de Tui con 160 participantes...

Tui prepárase para o XII Enduro Cidade de Tui con 160 participantes do máis alto nivel

Destaca a presenza de Steve Holcombe, sete veces campión do Mundo. A saída volverá estar no Paseo da Corredoira.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O XII Enduro Cidade de Tui Trofeo Ibérico Eurocidade, unha proba deportiva que reunirá a 160 pilotos de alto nivel, celebrarase este sábado en Tui. Entre eles estará Steve
Holcombe, sete veces campión do Mundo, xunto a outros destacados pilotos do Estado e
internacionais que unha semana despois competirán no Mundial de Enduro en Lalín. Non
faltarán á cita, ademais, os galegos Pedro Gonzalo, Román Pérez ou Abel Carballés.

Unha das novidades desta edición será a saída dende o céntrico Paseo da Corredoira a
partir das 14 horas, e onde dende ás 9.00 horas estará situado o aparcamento pechado. Así o explicaron este xoves na presentación o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, o presidente e o vocal do Motoclub Randufe, Adolfo Pereira e Iago Araujo, respectivamente, e o director técnico da proba e representante da Liga Galega de Moto de Campo, Javier Quintas.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, enxalzou que Tui “enlaza case todas as fins de semana eventos de tipo cultural con eventos de tipo deportivo”. Así, amosou tamén a gratitude e o recoñecemento ao traballo que levan feito dende o Moto Club Randufe e mostrouse convencido de que esta cita “traerá de novo moitos visitantes a Tui”.

O XII Enduro Cidade de Tui Trofeo Ibérico Eurocidade está organizado polo Motoclub Randufe e a Liga Galega de Moto de Campo, en colaboración co Concello de Tui e a Federación Galega de Motociclismo. Este evento forma parte do Calendario Deportivo da Eurocidade e está confinanciado polo programa operativo Interreg Valença-Tui.

ÚLTIMAS

Rescatadas seis persoas que se atopaban a bordo dun veleiro a 155 millas de Vigo

Gardacostas de Galicia, no helicóptero Pesca 1, rescatou este mércores a seis persoas que...

A CIG chama a lanzar un “berro de non á guerra coherente” este 1 de maio en Vigo

A CIG chama a lanzar un "berro de non á guerra" este 1 de...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...