InicioVigo e contornaVigoDetido en Vigo por finxir que lle roubaran o coche despois de...

Detido en Vigo por finxir que lle roubaran o coche despois de sufrir un accidente

Conducía sen carné.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo a un veciño de Vigo que denunciou a subtracción do seu vehículo despois de sufrir un accidente de tráfico, cando conducía co carné retirado por perda de puntos. Segundo indicou a Benemérita nun comunicado, os feitos foron investigados por efectivos de Baiona-Nigrán ao ter noticia de que esta persoa denunciara a subtracción da documentación e as chaves do seu vehículo nun local de lecer nocturno de Baiona. As sospeitas xurdiron cando ese mesmo día denunciou a subtracción do coche.

O automóbil foi localizado nun taller mecánico que, segundo se puido pescudar, sufriría un accidente de circulación a madrugada do mesmo día en que se presentaron as denuncias. As dilixencias instruídas non só desmontaron a coartada do denunciante, coas súas presuntas denuncias falsas, senón que tamén evidenciaron que supostamente era el mesmo o que conducía o vehículo cando sufriu o accidente en Gondomar.

Por todo iso, a Garda Civil procedeu á detención deste home, de 32 anos de idade, como presunto autor de dous delitos de simulación de delito e outro contra a seguridade viaria por conducir tendo retirado o carné. Tamén se lle atribúe un delito de estafa por declarar a subtracción á compañía aseguradora coa intención de ser resarcido polo valor do vehículo.

ÚLTIMAS

Vigo activa a prealerta por seca e restrinxe o uso da auga en baldeos, regos, fontes e duchas das praias

O Concello de Vigo activou a situación de prealerta por seca e adoptou medidas...

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...