InicioVigo e contornaVigoA UVigo lidera un proxecto para crear unha tecnoloxía de diagnóstico do...

A UVigo lidera un proxecto para crear unha tecnoloxía de diagnóstico do cancro

Os investigadores indicaron que a principal causa das mortes de cancro é a metástase que se produce despois da extravasación das células con tumor na circulación sanguínea.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O proxecto Biocellphe, liderado pola investigadora do grupo Functional NanoBioMaterials do Centro de Investigacións Biomédicas (Cinbio) da Universidade de Vigo, Isabel Pastoriza, avanza na procura dunha tecnoloxía de vangarda para a diagnose do cancro a nivel de célula individual.

Tras un ano de traballo, o consorcio, formado pola UVigo e por outro seis institucións europeos, reuniuse na cidade olívica para avaliar os primeiros resultados obtidos na procura dunha tecnoloxía para diagnosticar o cancro a nivel celular.

Segundo recóllese no Diario da Universidade de Vigo (Duvi), este proxecto dispón dun orzamento de 3,5 millóns de euros e na actualidade desenvolveu unha tecnoloxía que se centra na detección de marcadores tumorales a nivel unicelular, empregando bacterias e nanopartículas de ouro.

Os investigadores indicaron que a principal causa das mortes de cancro é a metástase que se produce despois da extravasación das células con tumor na circulación sanguínea.

Por iso, caracterizar este tipo de células “podería axudar significativamente para conseguir unha estratificación correcta, estimar o prognóstico, instaurar terapias precoces, avaliar a resposta aos tratamentos realizados e descubrir novas dianas terapéuticas”, segundo explica a propia Pastoriza.

Neste sentido, indicou que Biocellphe está a conseguir “grandes avances” de face á consecución do obxectivo final que é desenvolver esta tecnoloxía de vangarda para diagnosticar cancro.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...