InicioSociedadeNa procura dunha nova eurocidade, a "Eurocidade do Miño"

Na procura dunha nova eurocidade, a “Eurocidade do Miño”

Arbo, Crecente, Melgaço, A Cañiza e As Neves asinan un protocolo de cooperación para crear este novo organismo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Considerando a proximidade xeográfica, as afinidades culturais, históricas e económicas existentes entre os Concellos de Arbo, Crecente, Melgaço, A Cañiza e As Neves asinan este sábado un protocolo de cooperación para Crear a “Eurocidade do Miño”.

Actualmente son catro as eurocidades entre Galicia e Portugal: Tui y Valença do MinhoTomiño y Vilanova de CerveiraSalvaterra de Miño y Monçao e Verín-Chaves.

O acto terá lugar no Salón de Plenos do Concello de Arbo, ás 12:00 horas, coincidindo coa LXII Festa da Lamprea. Nun comunicado, o Concello de Arbo, considera que a cooperación transfronteiriza “é un dos medios máis eficaces con vista a proximación das poboacións fronteirizas, suprimindo as dificuldades que implican todas as fronteiras”. Ademais, di, axuda á promoción do desenvolvemento económico, social e cultural destas rexións, e a promoción de amizade e paz.

As 12:10 terá lugar o Concerto a cargo da Banda Municipal de Arbo, na Praza do Consistorio, seguido da recepción de autoridades na Praza do Concello, ás 13:30 o pregón dende o balcón que corre a cargo de Sergio Pazos e o rematar a visita obrigada a Arbomostra que este ano esta situada na Praza do Mercado

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...