InicioSociedadeA Xunta propón ao Concello un convenio para o IES de Navia

A Xunta propón ao Concello un convenio para o IES de Navia

Licitará en maio os proxectos doutras 128 vivendas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia remitirá “de inmediato” ao Concello de Vigo unha proposta de convenio para a construción dun IES no barrio de Navia, para o que se prevé un investimento duns 12 millóns de euros, e da que se deu conta na reunión do Consello do goberno galego.

Segundo informou o presidente Núñez Feijóo, a administración autonómica proporá, mediante ese acordo, a cesión directa do chan do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) á Consellería de Educación, sen que a parcela pase a ser titularidade municipal para axilizar trámites.

O Concello deberá dar luz verde a esta cesión directa e comprometerse a axilizar a aprobación do proxecto de urbanización do polígono 2 de Navia (no que se proxecta esta dotación educativa) e a conceder licenza de segregación da parcela.

O novo instituto, lembrou Feijóo, terá máis de 8.000 metros cadrados de superficie total, e capacidade para 700 alumnos. Contará cun total de 20 aulas de ESO e Bacharelato, ademais de zona de administración, pistas deportivas, espazos comúns, cafetaría, etc.

PROCESO DE URBANIZACIÓN E CONSTRUCIÓN DE VIVENDAS

Por outra banda, o titular do Executivo galego confirmou que a Xunta recibiu 15 ofertas para o proxecto e dirección de obra das primeiras 79 vivendas públicas na ampliación do barrio de Navia, no polígono 1.

A administración autonómica prevé licitar en maio os proxectos e dirección de obra das outras 128 vivendas de promoción pública nese polígono (ás que deben engadirse outras 526 vivendas de promotores privados e cooperativistas) e o total de investimento para vivenda pública neste primeiro ámbito é de caso 28 millóns de euros.

Con todo, lembrou Feijóo, antes das vivendas aínda é necesario acometer as obras de urbanización dese polígono 1, cuxo proxecto aínda non ten aprobación definitiva do Concello. De feito, o prazo para presentar ofertas acaba o 1 de xuño, pero as obras non se poderán adxudicar sen a luz verde municipal.

Respecto diso, o presidente galego afirmou que o seu goberno seguirá “cumprindo” con Navia, sempre que lle “deixen”, en alusión ás trabas que, segundo a administración autonómica, está a pór o goberno local de Abel Caballero no proceso de ampliación deste barrio.

ÚLTIMAS

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...