InicioVigo e contornaVigoStellantis abandona a produción en Rusia polas sancións

Stellantis abandona a produción en Rusia polas sancións

Segue o camiño marcado por Bridgestone, Renault e Volkswagen, entre outros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo automobilístico Stellantis anunciou que suspende as súas operacións en Rusia debido o rápido aumento diario das sancións dos países con motivo da invasión de Ucraína e as dificultades loxísticas de operar no país.

Nun comunicado, a compañía de automóbiles destacou que cesa a produción na fábrica de Kaluga, unha cidade situada ao oeste de Rusia, para “garantir o pleno cumprimento de todas as sancións cruzadas e protexer aos seus empregados”.

Desta maneira, Stellantis súmase con esta decisión a outras compañías de automóbiles como Bridgestone, Renault, Volkswagen, General Motors ou Harley-Davidson, entre outros, que tamén tomaron medidas para suspender a súa actividade no país con motivo do conflito con Ucraína e das sancións impostas.

Así mesmo, o grupo formado pola fusión de entre PSA e Fiat Chrysler Automobiles (FCA) reiterou a súa condena á violencia e o compromiso da compañía de apoiar todas as accións capaces de restaurar a paz.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...