InicioSociedadePrecintan outras dúas casas de citas en Vigo vinculadas á explotación sexual...

Precintan outras dúas casas de citas en Vigo vinculadas á explotación sexual de mulleres

Durante 2021 realizáronse diversas investigacións para o control da actividade relacionada coa prostitución en domicilios, algúns deles de luxo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un xulgado de Vigo ordenou o precinto, clausura e cesamento de actividade de dous domicilios que actuaban como casas de citas na cidade tras a desarticulación de varias organizacións criminais dedicadas á explotación sexual de mulleres.

Tal como informou a Policía Nacional, foi ao longo do ano pasado cando a Unidade Contra as Redes de Inmigración Ilegal e Falsidade Documental da Brigada Local de Estranxeiría e Fronteiras realizou diversas actuacións encamiñadas ao control da actividade relacionada coa prostitución nas denominadas casas de citas.

Dita investigación deu como resultado a desarticulación de varias organizacións criminais dedicadas á explotación sexual de mulleres mediante o exercicio coactivo da prostitución.

A actividade desenvolvíase, entre outros inmobles, en dous chalés anunciados como de ‘alto standing’, nos que se interviñeron importantes cantidades de diñeiro en efectivo, sustancias estupefacientes, fármacos e documentos relacionados coa loxística e a actividade económica das organizacións.

As investigacións realizadas pola Policía Nacional, en coordinación coa Fiscalía de Vigo, propiciaron a adopción por parte da Autoridade Xudicial desta medida de clausura e cesamento de actividade. Este martes procedeuse ao precinto dos dous últimos inmobles relacionados coas investigacións.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Patrimonio autoriza a humanización do tramo máis próximo ao ascensor Halo da rúa Serafín Avendaño de Vigo

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude,...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Suspendido o transporte de ría en Vigo polas malas condicións meteorolóxicas

As navieras que operan as liñas de transporte na ría de Vigo, entre o...