InicioUnha colisión entre un coche e unha moto en Ponteareas deixa un...

Unha colisión entre un coche e unha moto en Ponteareas deixa un ferido grave

Por outra banda, no concello pontevedrés de Poio, un coche atropelou a unha muller fuxindo do lugar posteriormente.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha persoa resultou ferida de gravidade despois de que este sábado chocasen un coche e unha moto no Paseo de Matutino, na localidade pontevedresa de Ponteareas.

Segundo trasladou o 112 Galicia, os feitos ocorreron ao fío das 22,00 horas. Nese momento, a central de emerxencias recibía o aviso deste sinistro a través do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061.

Ao recibir a alerta, os xestores do 112 Galicia requiriron a intervención do GES-SPEIS de Ponteareas e da Policía Local do municipio.

ATROPELO EN POIO

Por outra banda, no concello pontevedrés de Poio, un coche atropelou a unha muller fuxindo posteriormente.

Foron varios particulares os que, sobre as 21,45 horas, contactaban co 112 Galicia para informar do ocorrido. Cos datos achegados, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia puxo os feitos en coñecemento dos servizos sanitarios, do GES de Sanxenxo, da Policía Local, da Garda Civil de Tráfico e de Protección Civil.

Finalmente, segundo transmitíronlle ao 112 Galicia membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Poio, a muller atropelada tivo que ser trasladada a un centro sanitario.

ÚLTIMAS

Enfróntase a máis de 16 anos de cárcere acusado de violar e roubar a unha muller á de traballar dun hospital de Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará o vindeiro...

Os servizos emerxencias traballan na extinción dun incendio nun cortello da avenida Ricardo Mella

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio declarado nun cortello da avenida...

Detido en Vigo un home por dous ataques consecutivos á Policía Local nun só día

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un cidadán estranxeiro, A.M., de 30...

Detido en Vigo con haxix, cocaína e máis de 1.300 euros en efectivo

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...