InicioSociedadeFin da folga en Elecnor tras chegar a un acordo para garantir...

Fin da folga en Elecnor tras chegar a un acordo para garantir o emprego

"Coa loita do conxunto dos traballadores lograron que Elecnor recoloque a catro persoas a maiores dos técnicos de residencial que serán subrogados", reivindicou CC.OO.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A división de Industria de Comisións Obreiras informou de que quedou desconvocada a folga de traballadores da compañía Elecnor, situada en Mos e que presta servizo para R, despois de chegar a un acordo que garante o mantemento do emprego.

Tras máis de dúas semanas de folga, os traballadores de Elecnor acordaron en asemblea e de forma maioritaria desconvocar a folga indefinida, segundo indicou CC.OO. nun comunicado. Unha folga coa que o conxunto do persoal logrou que a nova adxudicataria do servizo, a valenciana Obremo, se comprometa a subrogar á maioría dos traballadores.

Grazas á loita do conxunto dos traballadores, lograron que Elecnor recoloque a catro traballadores a maiores dos técnicos de residencial que serán subrogados”, reivindicou a organización sindical. Desde CC.OO. manifestaron a súa desconformidade coa política de externalización e subcontratación de Obremo, “que leva á destrución do emprego polo traslado de determinadas funcións e postos de traballo a outras zonas de España”.

ÚLTIMAS

Mos decreta tres días de loito oficial polo crime machista de Sanguiñeda

O Concello de Mos decretou tres días de loito oficial polo crime da muller...

Investigan un novo asasinato machista dunha muller en Mos

A Garda Civil investiga como un posible caso de violencia de xénero a morte...

Un aparatoso accidente na VG-20 de Vigo sáldase, de milagre, sen feridos

Un aparatoso accidente ocorrido na tarde deste luns na autovía VG-20 de Vigo saldouse...

Abel Caballero celebra o éxito da campaña de Vigo en Fitur con case 1,7 millóns de visualizacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, celebrou este luns o impacto acadado pola campaña...