InicioVigo e contornaVigoFalece o pintor vigués Xulio Maside aos 89 anos

Falece o pintor vigués Xulio Maside aos 89 anos

Era sobriño do tamén artista Carlos Maside.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O pintor vigués Xulio Maside, sobriño do tamén artista Carlos Maside, faleceu este domingo, 10 de abril, aos 89 anos, na súa residencia de Santiago de Compostela e en compañía dos seus achegados. Así o fixo público en redes sociais a Plataforma Carlos Maside, dedicada á difusión da figura deste autor, que subliñou tamén que Xulio Maside non abandonou a pintura ata o último momento e fixo pública unha fotografía del pintando no seu domicilio.

Nacido en Vigo en 1933 e anestesista de profesión, entrou na arte da man do seu tío, o pintor Carlos Maside. A esta profesión dedicou toda a súa vida e, de feito, a súa última exposición data de fai menos dun ano. A noticia do falecemento do artista causou un fondo pesar no mundo da cultura e da política, e foron numerosas as persoas e institucións que lamentaron a súa perda.

Entre elas, a corporación municipal de Santiago de Compostela, cidade na que residía Xulio Maside, e o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, expresaron o seu pesar pola morte do artista, que “mantiña unha fonda relación con Compostela” e foi “referente no mundo cultural e social da cidade”. En Twitter, o BNG compartiu unha imaxe de duelo polo falecemento do “pintor e activista cultural”, a cuxos familiares mandaron “todo o afecto”, mentres que Compostela Aberta puxo en valor a súa figura “de referencia”.

ÚLTIMAS

Xunta insiste en que Vigo terá abastecemento de agua ata final de ano

A Xunta de Galicia quixo enviar unha mensaxe de "tranquilidade" á veciñanza de Vigo...

O Nadal de Vigo xa ten o seu selo de Correos

Correos emite este mércores o selo "Cidades do Nadal. Vigo", que se pon en...

Vigo calcula en 107 millóns o investimento necesario para ser sede do Mundial e que Xunta e Deputación aporten dous terzos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que será preciso investir máis de 107,5...

Caballero: “A sanidade de Vigo vive a situación máis calamitosa da historia”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu denunciar este martes a "situación calamitosa" da...