InicioEconomíaTraballadores da limpeza de dependencias municipais de Vigo anuncian folga indefinida a...

Traballadores da limpeza de dependencias municipais de Vigo anuncian folga indefinida a partir do luns 18

Denuncian que Urbaser empeoran as condicións xa "precarizadas" do persoal, onde as mulleres representan máis do 90% do total.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Traballadores do servizo de limpeza das dependencias municipais do concello de Vigo anunciaron que comezarán unha folga indefinida a partir do luns 18 de abril para esixir á concesionaria Urbaser que deixe de “incumprir” o convenio colectivo e as condicións pactadas.

Nunha rolda de prensa, o comité de empresa e representantes do tres sindicatos que o conforman (CIG, CC.OO. e UGT) denunciaron “unha serie de incumprimentos” por parte de Urbaser que empeoran as condicións xa “precarizadas” do persoal, onde as mulleres representan máis do 90% do total da mesma.

Así, lamentaron que a compañía deixou de cubrir as diferentes baixas que xorden de persoal, xa sexan xubilacións ou cesamentos, polo que traslada dun centro de traballo a outro a algún empregado, o que crea “inestabilidade”.

Desta maneira, criticaron que a empresa non aproveite esta situación para aumentar as horas de contrato das persoas que na actualidade xa traballan, xa que moitas delas teñen contratos a tempo parcial. Entre outras reivindicacións, os tres sindicatos solicitan un incremento salarial, debido a que desde 2019 non se produciu, a pesar de que o ano pasado o IPC subiu un 6,5%.

Tamén explicaron que desde 2020 está a negociarse un novo convenio colectivo con Urbaser, pero as propostas que traslada a compañía “non se achegan” ás reclamacións dos sindicados, cun incremento salarial “insuficiente”. Este servizo de limpeza afecta a todas as instalacións e edificios municipais (o Concello en Praza do Rei, museos, o zoolóxico, etc.) e préstano unhas 60 empregadas.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...