InicioPolíticaAs autoridades non poden dar unha fecha ao remate das obras xa...

As autoridades non poden dar unha fecha ao remate das obras xa inauguradas da AP-9

O Goberno español di que a ampliación de Rande estará "completamente" finalizada "probablemente" en maio, a pesar de que se inaugurou en decembro. Fomento reitera que librar de peaxe Vigo-Redondela "non é un trámite fácil".

PUBLICADO O

- Advertisement -

Houbo un tempo no que se inauguraban obras públicas coma cogomelos e que aínda non estaban rematadas. Eran os tempos anteriores á crise nos que inaugurar daba moitos votos, ou iso semellaba. Aquelas prácticas conxeláronse debido á longa crise, pero semella que, agora, voltan de novo.

De feito, iso mesmo está a acontecer coas obras de ampliación da autoestrada AP-9 na ponte de Rande que estarán “completamente finalizadas”, segundo o ministro de Fomento, “probablemente ao longo do mes de maio”. O 30 de decembro do ano pasado, o presidente do Goberno, o da Xunta e o propio Íñigo de la Serna inauguraron esta actuación en Moaña (Pontevedra).

Con todo, e xa que a intervención sobre a ponte continuou desde entón, De la Serna foi preguntado este mércores nun acto en Santiago pola data prevista para a súa culminación. “Non lle podo dar unha data agora mesmo exacta“, respondeu aos xornalistas, ante os que subliñou que se está “traballando moi intensamente”.

“Confiamos que ao longo de, probablemente, do mes de maio estean completamente finalizadas”, apuntou. Previamente, cuestionado por cando se materializarán todos os incrementos das peaxes que prevé acometer a concesionaria da autoestrada (un dos tramos, correspondente a esta ampliación), o ministro limitouse a indicar que “se segue traballando aínda niso cos trámites previos”.

Por último, interrogado sobre cando se vai a librar de peaxe o tramo Vigo-Redondela, sinalou que “se está no proceso”, que “non é un trámite fácil”. “Pero estamos a traballar moi intensamente para tentar facelo canto antes”, subliñou.

“MOITOS MESES”

“Todos estes trámites, xa o avisamos, en moitas ocasións levan moitos meses. Está a traballarse niso, queremos darlle todo o impulso que podamos darlle, estamos en conversacións intensas co concesionario, están a analizarse os tráficos inducidos por se fose necesario actuar sobre a infraestrutura, se se supón que o tráfico inducido pode xerar algún problema, e ata que non estean resoltos estes asuntos é imposible avanzar máis”, explicou.

Neste sentido, concluíu que o compromiso do ministerio é “acurtar os prazos ao máximo”, pero insistiu en que “non é unha tramitación sinxela a de poder chegar a unha bonificación dunha peaxe”.

ÚLTIMAS

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Detido un home en Vigo por saltar unha orde de afastamento dunha muller coa que foi sorprendido discutindo na rúa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...