InicioVigo e contornaVigoO BNG pide rectificar o plan de vivendas de Navia para aumentar...

O BNG pide rectificar o plan de vivendas de Navia para aumentar a oferta pública

Só 80 das1.600 vivendas serán de protección oficial.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Bloque Nacionalista Galego reclamou á Xunta que “rectifique” o plan parcial do barrio vigués de Navia para incrementar o número de vivendas protexidas e crear un parque público na cidade olívica.

Neste sentido, os nacionalistas rexistraron no Parlamento galego unha iniciativa que se debaterá no próximo pleno para urxir cambios no proxecto do Executivo, “que só garante 80 vivendas de promoción pública das 1.600 previstas”, a pesar da “elevada demanda” na cidade e aos prezos “disparatados” do aluguer e a compravenda.

“Pode ser unha oportunidade histórica para ter un necesario parque público de vivendas na cidade ou outra oportunidade perdida que siga pondo por diante os intereses das construtoras e dos axentes inmobiliarios”, denunciou a deputada do BNG Alexandra Fernández, acompañada do concelleiro nacionalista en Vigo, Xabier P. Igrexas, este venres.

O BNG pide na iniciativa que a Xunta destine a vivenda pública unha porcentaxe “significativa” das previstas en Navia, en correspondencia coa “ampla demanda” con 5.700 persoas inscritas como solicitantes no Instituto Galego de Vivenda e Solo. A maioría delas, segundo explica o Bloque, reclaman vivendas en réxime de aluguer fronte “ao modelo do PP que aposta de forma sistemática pola venda”.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...